Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 262 Xoves, 31 de decembro de 2020 Páx. 51353

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 151/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 151/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Juana Vilma Chumpitaz Hernández contra a empresa Barti Servicios 2009, S.L., sobre despedimento, ditouse en data do 1 de decembro de 2020 sentenza contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber os interesados que poderán ter coñecemento íntegro da mencionada resolución na Secretaría do devandito órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Barti Servicios 2009, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza