Execución de títulos xudiciais 168/2020
Procedemento de orixe: procedemento ordinario 384/2018
Sobre ordinario
Demandante: Mario García Picón
Avogada: Alejandra Rudiño Agrafojo
Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Seijas Leyte, S.L.
Avogado/a: letrado do Fogasa
Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 168/2020 deste xulgado, se ditaron auto e decreto o 2 de decembro de 2020. Pódese interpoñer recurso de reposición contra o primeiro e recurso de revisión contra o segundo, no prazo de tres días.
Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da/das dita/s resolución/s na secretaría deste xulgado.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que sirva de notificación a Seijas Leyte, S.L., expido o presente.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza