Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 261 Mércores, 30 de decembro de 2020 Páx. 51115

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dodro

ANUNCIO da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobada inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal número 4, por Acordo do Pleno do 27 de novembro de 2020, de conformidade cos artigos 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto da modificación puntual.

A duración da suspensión é de 2 anos.

Dodro, 4 de decembro de 2020

Francisco Xabier Castro Tourís
Alcalde