Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 261 Mércores, 30 de decembro de 2020 Páx. 51111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 23 de novembro de 2020 polo que se anuncia o trámite de competencia de proxectos relativo á solicitude presentada por Seafood Legacy Spain, S.L.U. dunha concesión administrativa no porto de Burela.

A entidade Seafood Legacy Spain, S.L.U. solicitou a Portos de Galicia unha concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Burela con destino a construción dunha planta tecnolóxica de cría de salmón.

En cumprimento dos artigos 68 e 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público para que nun prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia poidan presentarse outras solicitudes que teñan o mesmo ou distinto obxecto que aquela, debendo reunir os requisitos previstos no artigo 61 da citada Lei 6/2017.

A continuación, defínense expresamente os criterios de valoración das propostas, tendo en conta que a valoración máxima de cada proposta serían 100 puntos e que, en caso de igualdade de puntuación, se terá en conta a orde na presentación:

1. Posible captación de tráficos: valorarase con 30 puntos sobre 100, outorgando a máxima puntuación á proposta co máximo valor (en Tn) de captación de tráfico portuario por vía marítima, 0 puntos á proposta con menor valor de captación de tráfico portuario e interpolando de maneira lineal o resto delas.

2. Rendibilidade e taxas portuarias: valorarase con 30 puntos sobre 100, outorgando a máxima puntuación á proposta co máximo valor de taxa de ocupación do dominio público portuario (TODP), considerando a superficie e uso que se vai desenvolver nela e 0 puntos á proposta co menor valor e interpolando de maneira lineal o resto delas.

3. Interese portuario e adecuación á planificación portuaria usos portuarios: segundo o punto 5.3.5 da DEUP do porto de Burela vixente, no que se definen as actividades complementarias compatibles na zona obxecto do trámite de competencia, asignaranse as seguintes puntuacións ás propostas:

3.1. 20 puntos sobre 100 a aquelas propostas que desenvolvan usos complementarios pesqueiros vinculados directamente coa actividade portuaria como: cetarias, viveiros, acuicultura transformación e manipulación da pesca, avituallamento, comercial e distribución.

3.2. 10 puntos sobre 100 a outros usos complementarios vinculados directamente coa actividade portuaria como: almacéns, construción e reparación naval e os seus subministracións, efectos navais.

3.3. 5 puntos sobre 100 a outros usos complementarios como: ocio e hostalaría, aparcadoiros ou outros.

3.4. 0 puntos a calquera outra actividade.

4. Investimento: valorarase con 15 puntos sobre 100, outorgando a máxima puntuación á proposta co máximo valor, 0 puntos á proposta co menor valor e interpolando de maneira lineal o resto delas.

5. Explotación e coordinación co resto de operacións portuarias: valorarase con 5 puntos sobre 100, outorgando a máxima puntuación a aquelas propostas que xustifiquen adecuadamente que desenvolverán actividades na zona de servizo do porto que presten servizo, supoñan sinerxías ou demanden servizos doutros usuarios ou industrias existentes do porto, e 0 puntos a aquelas que pola súa natureza desempeñen actividades que requiran algún tipo de coordinación co resto de actividades no porto.

As solicitudes poderán presentarse mediante o formulario PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia, dirixidas á Área de Explotación e Planificación. O plano de localización da concesión solicitada atópase á disposición do público para o seu exame na páxina web www.portosdegalicia.es, na epígrafe de «Comunicacións e avisos» e dentro de «Procesos de información pública».

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia