Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 260 Martes, 29 de decembro de 2020 Páx. 50820

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO polo que se aproba definitivamente o expediente de estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións e rasantes na rúa Outonil.

Visto o acordo do Pleno do Concello de Noia do 26 de novembro de 2020 polo que se aproba definitivamente expediente de estudo de Detalle para o reaxuste de aliñacións e rasantes na rúa Outonil, Noia, que, de xeito literal, di:

«Primeiro. Estimar parcialmente as alegacións presentadas por Cecilio Fernández Casabella polos motivos expresados nos informes dos servizos técnicos do 11 de febreiro e 20 de febreiro de 2020, dos que se remitirá copia aos interesados xunto coa notificación do presente acordo. Como consecuencia da súa aceptación, introducíronse no proxecto as modificacións indicadas en devandito informe.

Segundo. Aprobar definitivamente o estudo de detalle descrito nos antecedentes.

Terceiro. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle no Boletín Oficial da provincia.

Cuarto. Notificar o presente acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Quinto. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo da aprobación do estudo de detalle, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia.

Sexto. Facultar o alcalde presidente para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto».

Logo de aprobar definitivamente o estudo de detalle antedito, publícase este para o seu xeral coñecemento e en cumprimento dos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 199 do seu regulamento:

Tipo de instrumento: estudo de detalle.

Ámbito: rúa Outonil.

Instrumento que desenvolve: NN.SS. de Planeamento do Concello de Noia.

Obxecto: completar ou reaxustar as aliñacións e rasantes.

Clasificación do solo: solo urbano de núcleo urbano.

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se xulgue máis conveniente ao dereito.

Noia, 30 de novembro de 2020

José Santiago Freire Abeijón
Alcalde