Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 260 Martes, 29 de decembro de 2020 Páx. 50784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 11 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a remisión de formularios de pagamento voluntario do expediente de multa coercitiva de minas IN635C 2019/7-3.

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento común das administracións públicas, por medio do presente anuncio notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren ausentes na repartición ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar estes actos nas dependencias da Área Xurídica e Coordinación da Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situadas na rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 11 de decembro de 2020

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente

Acto notificado

CIF empresa

Acto adoptado por

Data do acto

IN635C 2019/7-3

Remisión de formularios de pagamento voluntario de multa coercitiva

B85864775

O xefe da Área Xurídica e Coordinación

30.10.2020