Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 260 Martes, 29 de decembro de 2020 Páx. 50778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 3 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2019/218-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Cornes, no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2019/218-1), mediante a Resolución desta xefatura territorial, do 2 de novembro de 2020, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, nº 171, 15008 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade co artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e o 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 27 de xaneiro de 2021 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do concello de Val do Dubra, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 26 de febreiro de 2020, no BOP do 10 de febreiro e no xornal La Voz de Galicia do 10 de febreiro, acto a que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles efectuará notificación individual e se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 3 de decembro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña