Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 258 Xoves, 24 de decembro de 2020 Páx. 50547

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación número 2 do Plan parcial do sector do SUD.6 Curtis-Teixeiro.

Pola Resolución desta alcaldía nº 704, do 16.12.2020, aprobouse inicialmente a modificación número 2 do Plan parcial do sector do SUD.6 Curtis-Teixeiro.

De conformidade co disposto nos artigos 85.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas en todo o ámbito do polígono industrial Curtis-Teixeiro, nos términos previstos na normativa urbanística. A duración da suspensión é de dous anos contados desde a aprobación inicial e, en todo caso, extinguirase coa aprobación definitiva da modificación do plan.

Curtis, 16 de decembro de 2020

Javier Francisco Caínzos Vázquez
Alcalde