Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 4 de decembro de 2020 polo que se notifica a incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/309/2018-RP2 e a orde de suspensión de obras ditada no expediente PON/309/2018-S2.

A xefa de servizo urbanístico acordou, o 18 de novembro de 2020, dar traslado a María Lourdes Vázquez Torres do acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística PON/309/2018-RP2 e a súa correspondente orde de suspensión, en relación coa actividade realizada en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistente na construción dun muro de peche e contención e movementos de terra no lugar das Tombas, Os Seixiños, parroquia de Dena, no termo municipal de Meaño, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do traslado de ambos os acordos, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada o dito traslado dos acordos.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do traslado dos acordos que se notifican encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

En relación co acordo de incoación, a interesada dispón dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

En relación coa orde de suspensión de obras, infórmase que esta resolución pon fin á vía administrativa e contra esta a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2020

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística