Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 27 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se someten a información pública os proxectos de modificación do Plan de restauración e de actualización do Proxecto de explotación da concesión de explotación de recursos da sección C) Couso número 2784 (PO/C/02784), situada no termo municipal de Ponteareas.

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e o artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, sométense a información pública os proxectos de modificación do Plan de restauración e de actualización do Proxecto de explotación da concesión de explotación de recursos da sección C) Couso nº 2784 (PO/C/02784), situada no termo municipal de Ponteareas, Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica), e alegar por escrito todo o que consideren oportuno e presentalo en calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para iso terán un prazo de trinta días hábiles, que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Pontevedra, 27 de novembro de 2020

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017, artigos 62.3 e 63.1)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

Disposición transitoria segunda do Decreto 130/2020, do 17 de setembro.