Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 4 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a ocupación e se requiren as follas de valoración de certos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da liña colectora Ludrio eixe norte: 132 kV, parque eólico A Pastoriza-Rodeiro-subestación de interconexión Ludrio 132/400 kV (expediente IN407A 2017/4-0).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas interesadas o acto sinalado no cadro anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, logo de solicitude de cita no teléfono 982 29 48 04, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Lugo, 4 de decembro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2017/4-0.

Acto notificado: notificación da ocupación e requirimento da folla de valoración dos seguintes predios afectados polo expediente de expropiación da liña colectora Ludrio eixe norte: 132 kV, parque eólico A Pastoriza-Rodeiro-subestación de interconexión Ludrio 132/400 kV (expediente IN407A 2017/4-0).

Predio

Concello

Referencia catastral

Titular proposto

19

Castro de Rei

27010H00320068

Descoñecido

22

A Pastoriza

27044M00300079

Descoñecido

22H

Castro de Rei

27010H00300072

Descoñecido

51

Castro de Rei

27010G00400278

Descoñecido

55

Castro de Rei

27010G00310156

Descoñecido

63

Castro de Rei

27010G00300178

Pilar Muinelo Veiga

64

A Pastoriza

27044A02700022

Hdos. de Francisca López Paz

Hdos. de Ernesto López Paz

76

Castro de Rei

27010J00200202

Descoñecido

139

Castro de Rei

27010E00501052

Hdos. de Caridad Alonso García

205

Castro de Rei

27010F00100176

Descoñecido