Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50343

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se dá publicidade ao convenio asinado entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

De conformidade co artigo 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dase publicidade ao convenio asinado entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19, que ten as seguintes características:

– Actividade: realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores derivados dos incumprimentos das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19 cando tal incumprimento sexa subsumible nalgún dos supostos tipo de infracción en materia de saúde pública no ámbito que alcance a competencia dos concellos.

– Natureza e alcance: a encomenda ten natureza intersubxectiva ao levarse a cabo entre órganos pertencentes a distintas administracións e será de aplicación á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e a todos os concellos de réxime común da comunidade autónoma galega que se adhiran ao convenio.

– Prazo de vixencia: desde a data da súa sinatura (27.11.2020) ata o levantamento da declaración da situación de emerxencia sanitaria de interese galego, estendendo a súa vixencia ata o remate dos procedementos sancionadores xa iniciados baixo a vixencia deste convenio, salvo que os concellos adheridos renuncien a esta posibilidade.

A comisión de seguimento da execución do convenio valorará a procedencia de finalizalo antes desa data se a encomenda de xestión deixa de ser necesaria atendendo ás circunstancias sanitarias concorrentes e ás necesidades dos concellos adheridos ao convenio.

O anterior enténdese sen prexuízo da posibilidade de prorrogar a vixencia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2020

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANEXO

Protocolo de adhesión

D./Dna. (nome e cargo), en representación da (entidade local),

DECLARA:

Que o (órgano competente) de (concello) acordou, con data do _____ de _______ de 2020, solicitar a adhesión ao convenio entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para a tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19

e, en consecuencia,

MANIFESTA:

A vontade de (concello) de adherirse formal e expresamente a todas e cada unha das cláusulas do convenio mencionado, asumindo as obrigas e compromisos derivados del e con suxeición plena a todas elas.

(Lugar, data e sinatura).

Beatriz Cuiña Barja