Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 256 Martes, 22 de decembro de 2020 Páx. 50292

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de información pública de suspensión de licenzas de parcelación e de edificación.

A corporación municipal en Pleno, en sesión que tivo lugar o 15 de outubro de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Suspender cautelarmente a concesión de licenzas de parcelación e edificación na superficie conformada polas parcelas catastrais 6515836NG3661 N0001YG, 65158323NG3661 N0001IG e 6515822NG3661N0001XG, coa finalidade de estudar a modificación puntual das normas subsidiarias de cara a modificar o uso da superficie indicada, para destinala a uso de equipamento público, durante o prazo máximo dun ano desde a publicación deste acordo ou, de ser o caso, ata a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal cando esta teña lugar dentro do prazo de vixencia da suspensión facultativa.

Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

O contido e alcance da suspensión son os que se determinan no resumo executivo incorporado ao expediente e que estará publicado na sede electrónica do Concello.

Salceda de Caselas, 14 de decembro de 2020

María Dolores Castiñeira Alen
Alcaldesa