Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 256 Martes, 22 de decembro de 2020 Páx. 50288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 30 de novembro de 2020 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/36/2018-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a Manuel López García, José López García, aos herdeiros de Miguel López Álvarez e a Manuela García Carracedo para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/36/2018-RP1, en relación coas obras de ampliación dunha construción existente e a realización doutra construción auxiliar, situadas no lugar da Devesa, no termo municipal do Barco de Valdeorras, provincia de Ourense.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2020

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística