Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 255 Luns, 21 de decembro de 2020 Páx. 50005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente 2020/13 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: CT, LMT peche TTL814 con SAR806 (Sarria).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Características técnicas principais:

Centro de transformación compacto telecontrolado de 250 kVA de potencia e unha relación de transformación de 20.000/400 V, en substitución do CT 27A924 Ferreiros existente, que será desmontado.

− Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1033 m, con orixe en apoio existente HV1000/13 da liña TTL814 Sarria-Balmao, 14, condutor tipo LA-56 e final en apoio existente HV1000/13 da liña SAR806 Cogeneradores Onte e SARRIPI6, no cal se instalarán dous pasos aéreo-soterrados (PAS). Realizarase o desmantelamento da liña aérea existente.

− Liña de media tensión soterrada a 20 kV, con unha lonxitude de 19 m, con orixe en CT proxectado 250 kVA, condutor tipo RHZ1, e final en PAS proxectado conexión con LMTA proxectada.

− Liña de media tensión soterrada a 20 kV, con unha lonxitude de 19 m, con orixe en PAS proxectado conexión con LMTA existente, condutor tipo RHZ1 e final en CT proxectado 250 kVA.

Finalidade da instalación: adecuación e mellora das instalacións da zona.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 21 de outubro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de predio

Propietario

Parcela

Afección

Nome e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Apoio

Voo

Políg.

Parc.

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

6

José Sánchez Rivera

8

231

Córneas

Monte alto e prado

30.0

7

Monte Comunal de Corvelle e de Seteventos

8

209

Coada

Prado

4

2.0

123.0

1955.0

9

Hros. de Ángel López Páramo

6

473

Coada

Prado

5

2.0

61.0

978.0

10

Evaristo Mourín Villar

6

488

Devesa

Monte alto

6

2.0

65.0

1046.0

11

Descoñecido

6

376

Cura

Monte alto

26.0

12

Descoñecido

6

366

Graxa Barredo

Monte alto

83.0

1313.0

13

Luis Sánchez Sánchez

6

363

Barredos

Prado

79.0

1244.0

14

Hros. de Ángel López Páramo

6

360

Barredas

Prado

7

2.0

48.0

771.0

15

Hros. de Manuel López

6

358

Barredas

Labor

8

2.0

77.0

1150.0

16

Antonio Castro Castro e irmáns

6

359

Barredas

Prado

83.0

17

Emilio Cabañas Rivas

6

353

Barredas

Labor

17.0

19

Luis Sánchez Sánchez

6

355

Barredas

Prado

25.0