Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 255 Luns, 21 de decembro de 2020 Páx. 50046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia da resolución do procedemento de perda do dereito ao cobramento e/ou reintegro de axudas (procedemento MR616A).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio para seren notificadas, por comparecencia, da resolución do procedemento de perda do dereito ao cobramento e/ou reintegro de axudas para a reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados e por danos nas explotacións agrícolas e gandeiras ocasionados polos incendios forestais do ano 2017.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da dita resolución e a constancia de tal coñecemento.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses. Todo isto consonte o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Ambos os prazos se computarán a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, sen prexuízo de que a persoa interesada poida exercer calquera outro dereito que considere pertinente. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o devandito prazo para presentar os recursos se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2020

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: axudas para a reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados e por danos nas explotacións agrícolas e gandeiras ocasionados polos incendios forestais de 2017 (procedemento MR616A).

Acto de notificación: resolución de perda do dereito ao cobramento da axuda e/ou reintegro.

Persoas que se notifican:

Expediente número: 18360364/2017.

DNI da persoa interesada: 35537987C.

Expediente número: 18360367/2017.

DNI da persoa interesada: 35984981D.