Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 255 Luns, 21 de decembro de 2020 Páx. 50060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 1 de decembro de 2020 pola que se notifican as resolucións, acordadas no expediente administrativo de carácter sancionador, pola comisión de infraccións graves en materia de turismo TUSAN1 2019/059-3 e un máis.

Por medio desta cédula, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas físicas que a continuación se mencionan, titulares de establecementos turísticos, as resolucións dos procedementos administrativos de carácter sancionador en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG núm. 216, do 11 de novembro), xa que, intentadas polos medios habituais, non se puideron efectuar.

Os interesados poderán examinar os seus expedientes, e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias desta Axencia Turismo de Galicia, situadas no lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a titular da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: TUSAN1 2019/059-3.

RITGA-E-2019-007086.

Sancionado: Juan Carlos Iriarte Arte.

NIF nº: 34****57W.

Último enderezo: San Cosmede, nº 10, Abruciños.

Localidade: Amoeiro (Ourense).

Preceptos infrinxidos: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 2.500,00 euros.

Expediente: TUSAN1 2020/006-4.

Sancionado: Francisco González Taboada.

NIF nº: 36****01T.

Último enderezo: Travesía de Vigo, nº 156, 4º D.

Localidade: Vigo (Pontevedra).

Preceptos infrinxidos: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 3.500,00 euros.

Comunícaselles que, transcorrido o prazo de interposición do recurso de reposición, estas resolucións poñerán fin á vía administrativa e, polo tanto, serán executivas, polo que deberán aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase mediante os impresos formalizados que serán facilitados nas dependencias desta Axencia Turismo de Galicia. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2020

María Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia