Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 18 de decembro de 2020 Páx. 49861

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO da convocatoria para a selección de catro técnicos/as de servizos sociais como persoal laboral fixo (OEP de 2020, estabilización de emprego temporal) (expediente 224/2020).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 245, do 26.10.2020, foron publicadas as bases reguladoras do proceso selectivo de catro técnicos/as de servizos sociais como persoal laboral fixo, mediante concurso-oposición (OEP 2020, estabilización de emprego temporal, artigos 19.un.7 e 9 da LOXE 18).

O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Guitiriz, 26 de outubro de 2020

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa