Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 18 de decembro de 2020 Páx. 49789

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 523/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 523/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel Otero Barbeito contra Luis Escurís Batalla, S.L.U.; Familia Escurís Pérez, S.L. e Tuna Clean, S.L., sobre ordinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva di:

«Acordo:

Dar por desistida a parte demandante da súa demanda e acordar o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para efectuar actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: poderá interporse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da LXS)».

E para que sirva de notificación en forma legal a Luis Escurís Batalla, S.L.U.; Familia Escurís Pérez S.L. e Tuna Clean, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza