Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 18 de decembro de 2020 Páx. 49705

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 4 de decembro de 2020 pola que se modifica a autorización do CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha, da Coruña.

A representación da titularidade do centro privado (CPR) plurilingüe La Grande Obra de Atocha, código 15004782, solicita a modificación da autorización para incluír na oferta educativa do centro o ciclo formativo de grao superior (CS) Educación Infantil, autorizado no CPR López y Vicuña, código 15004782, en que se suprimen as mesmas ensinanzas.

O CPR La Grande Obra de Atocha, código 15004782, e o CPR López y Vicuña, código 15005488, pertencen á mesma titularidade: Instituto Secular Hijas de la Natividad de María. Ambos os centros están incluídos no réxime de concertos educativos regulado pola Orde do 14 de marzo de 2017 (DOG número 54, do 24 de marzo), e os seus domicilios coinciden na mesma área de influencia do concello da Coruña.

A modificación das autorizacións dos centros require a continuidade do concerto educativo subscrito na actualidade polo CPR López y Vicuña, para garantir o dereito do alumnado matriculado no ciclo a continuar con normalidade os seus estudos, cuxa docencia será impartida polo mesmo profesorado que presta servizos neste centro.

Por isto, logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

1. Modificar a autorización do centro privado (CPR) plurilingüe La Grande Obra de Atocha, da Coruña, código 15004782, para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) de
Educación Infantil.

A composición resultante do centro educativo é a seguinte:

Educación infantil: 9 unidades.

Educación primaria: 24 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.

Bacharelato: 6 unidades das modalidades de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais.

Educación especial: 2 unidades.

Formación profesional:

• 1 CS de Educación Infantil (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 ciclo formativo de grao medio (CM) de Actividades Comerciais (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 ciclo formativo de formación profesional básica (FPB) Servizos Administrativos (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

2. Modificar a autorización do CPR López y Vicuña, da Coruña, código 15005488, e suprimir o ciclo formativo de grao superior (CS) Educación Infantil.

Artigo 2. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición adicional. Concerto educativo

Mantense a vixencia do concerto educativo aprobado pola Orde do 10 de agosto de 2017 (DOG número 157, do 21 de agosto) para as ensinanzas do CS Educación Infantil do CPR López y Vicuña que se trasladan.

A titularidade do CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha deberá asinar unha addenda do concerto coa modificación a que se refire esta orde. Esta modificación terá vixencia ata o final do curso 2022/23, sen prexuízo da súa posible modificación con anterioridade, de conformidade co artigo 15 da Orde do 14 de marzo de 2017.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade