Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 18 de decembro de 2020 Páx. 49765

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS320A).

A Consellería de Política Social convocou, para o ano 2020, a través da Orde do 7 de xaneiro de 2020, as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil (DOG núm. 22, do 3 de febreiro).

O artigo 17 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación da xustificación das axudas concedidas. A data límite para a presentación da xustificación estableceuse para o día 8 de novembro de 2020.

Así mesmo, nos números 2 e 3 do artigo 17 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento para as entidades de acción voluntaria e para as entidades locais beneficiarias, respectivamente.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.

O artigo 18 da dita orde indica que, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente para os efectos previstos neste artigo. No dito artigo establece que a falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Así mesmo, o artigo 15 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de entidades beneficiarias requiridas para emendaren as xustificacións que non estean debidamente completadas e/ou presentaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades beneficiarias recollidas no anexo, que son requiridas para que, no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria recollidos no dito anexo. Non o facer, de conformidade co artigo 18.3 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo voluntariado xuvenil

Nº exp.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS320A 2020/014

Concello de Cangas-Oficina Municipal de Voluntariado

P3600800A

– Certificación de estar ao día nas obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia

BS320A 2020/027

Natural Ardai, Terapia, Ocio y Formación

G32456097

– Anexos II, IV e V

– Xustificación de ter solicitado a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (art. 17.2.a)

– Memoria explicativa das actividades realizadas (art. 17.2.a)

– Memoria económica (art. 17.2.b)

– Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria

– Relación nominal de persoas voluntarias (art. 15.8)

BS320A 2020/046

Concello de Cervo

P2701300B

– Completar solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (art. 17.2.a))

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 17.2.d.3º)

– Memoria explicativa: motivar o cambio na data de fin de proxecto

BS320A 2020/057

Asociación Cultural, Social, Deportiva, Lúdica, Ecolóxica, da Muller, de Inclusión, do Rural, Vive Vilariño

G32504508

– Memoria económica en que se reflicta a vinculación de cada gasto executado co proxecto subvencionado (art. 17.2.b)

– Aportar xustificante de pagamento da factura nº F-0021079 (art. 17.2.d.1º)

– Xustificación de ter solicitado a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (art. 17.2.a)

BS320A 2020/065

Concello de Mos

P3603300I

– Completar solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (art. 17.3.a)

– Conta xustificativa: engadir o importe que corresponde aos gastos de manutención e desprazamento de J.G.T

BS320A 2020/075

Asociación Sustinea

G32422834

– Anexos IV e V

– Xustificación de ter solicitado a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (art. 17.2.a)

– Memoria explicativa das actividades realizadas (art. 17.2.a)

– Memoria económica (art. 17.2.b)

BS320A 2020/077

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

– Xustificación de ter solicitado a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (art. 17.3.a)

– Anexo III: indicar os números de factura e importes dos gastos correntes e seguros que correspondan ao proxecto subvencionado e, de ser o caso, corrixir os puntos cuarto e quinto do anexo II

– Conta xustificativa acorde ao art. 17.3.d)

BS320A 2020/099

Asociación Ecos do Sur

G15354483

– Anexo II: revisar os puntos 3 e 5

– Anexo IV: rectificar o número de días, horas e orzamento de Leidy e Elba en «Gastos das persoas voluntarias» e completar o xustificante de pagamento das facturas do aluguer fv20-alq-00152 e fv20-alq-00171

BS320A 2020/100

Concello de Ponteareas-Oficina Municipal de Voluntariado

P3604200J

– Completar solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (art. 17.3.a)

– Memoria de actividades realizadas (art. 17.3.a): xustificar os cambios na participación das persoas voluntarias e engadir os datos de Y.A. segundo o art. 15.8