Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 17 de decembro de 2020 Páx. 49596

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1482/2020 MRA).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 1482/2020 MRA

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario (P0) 880/2016 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: José Luis González Rodríguez

Avogada: Rosa María Tarrago Nesta

Recurridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Graniblok, S.A., David Fernández Grande, S.L., Armadilla, S.L., Marcelino Martínez Galicia, S.L., Juana de Santiago Guerreiro, Granitos Vilafría Couto, S.A., Granitos Martínez, S.A., Hispano Suiza de Perfilados, S.A., Antonio Rodríguez Rodríguez, José Ramón Pereira Oliveira, José López Gutiérrez

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, letrado de Fogasa, Beatriz Lago Gómez, Alfredo Briales Porcioles, Ángel Fernández Argüello, Marcos Castro Álvarez, Rafael De Larriva Pereira, (…), Rafael De Larriva Pereira, (…), Alberto Viejo López, (…), (…)

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Procede a aclaración e así o antecedente de feito cuarto quedará redactado do teor literal seguinte:

Que no procedemento de recurso de suplicación 1482/2020 desta sección, seguido por instancia de José Luis González Rodríguez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Graniblok, S.A., David Fernández Grande, S.L., Armadilla, S.L., Marcelino Martínez Galicia, S.L., Juana De Santiago Guerreiro, Granitos Vilafría Couto, S.A., Granitos Martínez, S.A., Hispano Suíza de Perfilados, S.A., Antonio Rodríguez Rodríguez, José Ramón Pereira Oliveira, José López Gutiérrez, sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva.

Procede a aclaración e así o antecedente de feito cuarto quedará redactado do teor literal seguinte:

«Cuarto. Fronte á dita sentenza foi anunciado recurso de suplicación por José Luis González Rodríguez, que formalizou posteriormente. Tal recurso foi obxecto de impugnación pola contraparte».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Granitos Vilafría Couto, S.A., Pereiras Oliveira José Ramón, José López Gutiérrez, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza