Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 17 de decembro de 2020 Páx. 49575

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nos premios extraordinarios das ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20 (código de procedemento ED311F).

De conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de acordo co artigo 16 da Orde do 19 de outubro de 2020 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20 (DOG do 30 de outubro), esta secretaría xeral

RESOLVE:

Publicar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20 (código de procedemento ED311F).

A listaxe de persoas aspirantes admitidas e excluídas poderase consultar a través do portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
https://www.edu.xunta.gal

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren na listaxe, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2020

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional

ANEXO

Relación de persoas aspirantes admitidas e excluídas

Apelidos e nome

Modalidade

Centro

Especialidade

DNI

Causa exclusión

Candisano Gillanders, Clara

Música

CMUS profesional Manuel Quiroga, Pontevedra

Violín

***6100**

Durán Viso, León Pedro

Música

CMUS profesional da Coruña

Trompa

***0159**

Forte Leyenda, Pablo

Música

CMUS profesional Manuel Quiroga, Pontevedra

Clarinete

***5991**

Cód. 1

Guimarey Touriño, Iván

Música

CMUS profesional Manuel Quiroga, Pontevedra

Tuba

***2901**

Molina Touza, Ana

Música

CMUS profesional da Coruña

Violín

***0261**

Pallas Otero, Álvaro

Música

CEMU Contrapunto histórico de Santiago

Percusión

***5465**

Paniagua González, Óscar

Música

CMUS do Carballiño

Piano

***4418**

Ramos Diéguez, Andrea

Música

CMUS profesional de Lalín

Clarinete

***9026**

Ruibal Seoane, Iván

Música

CMUS profesional Manuel Quiroga, Pontevedra

Piano

***6559**

Alján Alves, Elba

APD

EASD Pablo Picasso, A Coruña

Ilustración

***0399**

Castillo Fernéndez, Sara Luna

APD

EASD Ramón Falcón, Lugo

Fotografía

***0416**

Fernández Vila, Carla

APD

EASD Pablo Picasso, A Coruña

Ilustración

***7980**

González Calle, Celia

APD

EASD Pablo Picasso, A Coruña

Ilustración

***6657**

Martínez do Reis, Nicolás

APD

CE. Art. Aula D, Vigo

Proxecto e dirección

de obras de decoración

***7848**

Cód.

Descrición

1

Non cumpre a condición de requisito de participación do artigo 4.3 e do artigo 5