Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 17 de decembro de 2020 Páx. 49580

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 10 de decembro de 2020 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradoras da propiedade, mercantís e de bens mobles para rexistros vacantes.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario número 307 convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 21 de outubro de 2020 (BOE do 28 e do 29 de outubro) e resolto pola Resolución do 27 de novembro de 2020, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, co Decreto da Xunta de Galicia 74/2018, do 5 de xullo, actualmente vixente de conformidade co previsto na disposición transitoria segunda do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as rexistradoras comprendidas na citada resolución e que no anexo se relacionan para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que se citan.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANEXO

– Isabel Julia González Dorrego, rexistradora de Lugo nº 1 para o Rexistro Mercantil e de Bens Mobles de Pontevedra I.

– María Sonsoles Montero García-Siso, rexistradora de Vigo nº 6 para o Rexistro número 2 de Ourense.