Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49355

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do artigo 21 (ordenanza 4B) do Plan parcial do SUP-6 (Santa Marta).

A Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 23 de novembro de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación do artigo 21 (ordenanza 4B) da normativa do Plan parcial de ordenación do SUP-6 (Santa Marta), segundo o proxecto redactado por Manuel Carbajo Capeáns e Celso Barrios Ceide, presentado no Rexistro Xeral do Concello con data do 9 de novembro de 2020.

Segundo. Someter a modificación ao trámite de información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia. Simultaneamente, practicarase notificación persoal aos propietarios dos terreos afectados, segundo figuren no Catastro.

Durante o trámite de información pública solicitarase o informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

O que se publica a fin de que, durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará a dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas (previa cita solicitada no número de teléfono 981 54 24 26; e na páxina web do Concello https://transparencia.santiagodecompostela.gal/Modificacion-artigo-21-ordenanza-4B-do-P-parcial-SUP-6-Santa-Marta/gl

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020

O alcalde
P.D. (Decreto 4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica