Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49011

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 14 de decembro de 2020 pola que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 17 de decembro de 2020 nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga. O exercicio deste dereito queda condicionado ao mantemento dos servizos esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño).

As direccións comarcais de Ferrol da Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CC.OO.) comunicaron a convocatoria de folga xeral que afectará todas as actividades desempeñadas polos/as traballadores/as de empresas privadas e polos/as empregados/as do sector público, con vínculo funcionarial, estatutario ou laboral, no ámbito territorial das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, e que se desenvolverá desde as 10.00 ata as 14.00 horas do 17 de decembro de 2020.

Así pois, a necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servizos esenciais obriga a esta Administración autonómica galega, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servizos mínimos indispensables para o funcionamento dos servizos esenciais, que se concretan nesta orde.

Desta forma, establécense servizos mínimos respecto dos sectores e actividades cuxa regulación é competencia dalgunha das consellerías da Xunta de Galicia e que poden afectar o desenvolvemento ordinario da actividade cidadá, no sentido do artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, é dicir, sanidade, seguridade, protección civil, transportes e comunicacións, medios de comunicación social, rexistros públicos, edificios, bens e instalacións públicas, asistencia social e educación, servizos de vixilancia e extinción de incendios e bombeiros.

Os criterios determinantes para a fixación dos servizos mínimos establecidos na presente orde tiveron en conta os distintos pronunciamentos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación cos servizos esenciais fixados nas xornadas das anteriores folgas do 8 de xuño de 2010, do 29 de setembro de 2010, do 27 de xaneiro de 2011, do 29 de marzo de 2012, do 14 de novembro de 2012 e do 8 de marzo de 2018, así como a sentenza número 415/201, do 25 de setembro.

Aínda que é certo que o dito tribunal ditou sentenzas que anulaban as normas polas que se establecían os referidos servizos mínimos, non é menos certo que as ditas sentenzas viñeron motivadas fundamentalmente polo déficit de expresión da ponderación dos factores e criterios tidos en conta para a súa fixación, considerando insuficiente a motivación na determinación das prestacións mínimas garantidas.

Por todo isto, no caso concreto e tendo en conta os pronunciamentos anteriores, preténdense dar a coñecer máis xustificadamente, se cabe, os criterios en virtude dos cales se procedeu a identificar os servizos mínimos como esenciais e a determinar os efectivos necesarios para aseguralos á luz da presente convocatoria de folga. Todo isto observando a necesaria proporción entre o sacrificio para o dereito dos traballadores e os bens e intereses que se teñen que salvagardar.

Ademais da xustificación concreta e pormenorizada que se establece nos parágrafos seguintes, debe atenderse ás circunstancias particulares concorrentes en que se efectúa esta convocatoria de folga, tendo en conta o feito de que esta se desenvolverá unicamente durante un período dun día e nunha franxa horaria de catro horas.

• No ámbito da Presidencia da Xunta de Galicia, Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., garante a atención de emisores e reemisores para conseguir a cobertura do sinal de comunicación audiovisual, a continuidade da rede de emerxencias e a conectividade da Xunta de Galicia.

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. é a sociedade mercantil pública autonómica cuxo obxecto social, de acordo cos seus estatutos, é:

«1. […] a realización de actividades dirixidas á prestación de servizos en materia de telecomunicacións na Comunidade Autónoma de Galicia, para as que obterá os títulos habilitantes que sexan necesarios en cada caso.

Así mesmo, terá por obxecto tanto a planificación, instalación, xestión, mantemento e explotación de infraestruturas, sistemas e servizos de telecomunicacións en Galicia, como a elaboración de propostas, análises e estudos relacionados coas telecomunicacións que lle correspondan á Comunidade Autónoma de Galicia.

2. En particular, constituirán parte do obxecto social as seguintes actividades:

a) A promoción, planificación, deseño, construción, conservación, mantemento, dotación de equipamento e explotación, por si mesma ou mediante terceiros, de toda clase de infraestruturas e servizos de telecomunicacións que sexan promovidas pola Comunidade Autónoma de Galicia ou en que esta participe, vinculadas ao ámbito das telecomunicacións».

Para o desenvolvemento das súas funcións, Retegal conta cun centro emisor na zona de Ferrol-Eume-Ortegal denominado Bailadora (Ares), dende onde se prestan servizos ininterrompidamente as 24 horas do día, os 365 días do ano, sendo parte en horario presencial e parte en dispoñibilidade (gardas).

Retegal presta, entre outros, o servizo de mantemento da Rede Dixital de Emerxencias e Seguridade de Galicia e o servizo de distribución do múltiple autonómico de TDT, servizos que adquiren aínda maior relevancia, se cabe, en días de folga xeral, nos que a paralización de tales servizos poderían afectar gravemente a colectividade ante fallos nas comunicacións de emerxencias ou no sinal da información televisiva.

Polo exposto, Retegal debe asegurar a asistencia dun traballador, polo menos no centro de Bailadora (1 de mañá e 1 de tarde), para o que resulta necesario a presenza ou atendemento (en dispoñiblidade) do referido centro permanentemente, coa finalidade de asegurar as prestacións de servizos contratadas.

• No ámbito da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo cómpre a fixación de servizos mínimos porque se considera esencial o mantemento dos edificios administrativos co obxecto de garantir o correcto funcionamento das súas instalacións nas posibles situacións de emerxencia que puideren acontecer.

No ámbito da Administración de xustiza, de conformidade coa doutrina do Tribunal Constitucional e coa xurisprudencia ditada na materia, e en particular coa Sentenza 463/2018, do 7 de novembro, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, considéranse servizos esenciais necesarios para garantir o servizo público:

1. Servizos de garda de xulgados, fiscalías e Instituto de Medicina Legal.

2. Xuízos orais na orde penal de causas con preso.

3. Medidas precautorias ou provisionais en materia de familia, de violencia sobre a muller e de liberdade provisional, entre outras.

4. Actuacións relativas á violencia de xénero nos xulgados de violencia sobre a muller, sexan ou non exclusivos.

5. Actuacións urxentes do Rexistro Civil, tales como a expedición de licenzas de enterramento, entre outras.

6. Rexistro de asuntos e documentos en que venza un prazo preestablecido por lei e cuxo vencemento poida deparar perda de dereitos á cidadanía, así como a atención daquelas actuacións en que venza un prazo improrrogable establecido na lei cuxo incumprimento poida afectar o dereito da tutela xudicial efectiva e aquelas cuxa urxencia veña determinada polas leis procesuais ou polos bens xurídicos en xogo.

Así mesmo, a Administración ten en conta igualmente, para a fixación dos servizos mínimos, os criterios determinantes que establece a doutrina do Tribunal Constitucional e a xurisprudencia contencioso-administrativa.

Para garantir a prestación dos anteditos servizos esenciais, por tanto, establécense os servizos mínimos que se concretan no articulado, para o que se ten en conta a extensión territorial e temporal da folga convocada, así como as distintas funcións dos distintos corpos.

Así mesmo, debe terse en conta que, de producirse durante a xornada de folga algunha das actuacións urxentes ou esenciais das establecidas polo artigo 42 do Regulamento 1/2005, do Consello Xeral do Poder Xudicial, dos aspectos accesorios para as actuacións xudiciais ou pola normativa procesual correspondente, estas non poderían ser atendidas polo xulgado de garda, dado que o xulgado competente está en horas de audiencia, motivo este polo que é preciso dispoñer dun mínimo de persoal nos distintos órganos xudiciais que figuran no articulado para atender ás actuacións urxentes e inaprazables, sen vulnerar a atribución de competencias previstas nas correspondentes leis procesuais e no citado Regulamento 1/2005. Cómpre sinalar, a modo de exemplo, as seguintes: medidas sanitarias urxentes de saúde pública, medidas precautorias en materia de estranxeiría, asilo político e refuxiado que impliquen expulsión, devolución ou retorno polos xulgados do contencioso-administrativo; a celebración de vistas que poidan afectar os dereitos dos traballadores e traballadoras, tales como as demandas de tutela de dereitos fundamentais e liberdades públicas, e as actuacións declaradas urxentes pola lexislación procesual, tales como medidas cautelares necesarias para asegurar a efectividade da tutela xudicial polos xulgados do social.

Por outra banda, e na determinación do concreto número de efectivos de servizos mínimos que se establecen no articulado, téñense en conta as distintas funcións que corresponden a cada corpo funcionarial, establecidas polos artigos 476 e seguintes da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, que fan necesaria, na determinación dos efectivos que deben atender os servizos esenciais en cada órgano, a concorrencia de persoal dos distintos corpos, imprescindible para garantir estes servizos esenciais.

Neste sentido, o persoal funcionario do corpo de auxilio xudicial, polas súas funcións, non se considera preciso para garantir os servizos esenciais en determinados órganos, como no caso do Imelga ou rexistros civís principais ou delegados, ou ben esta Administración entende suficiente, noutros supostos, que a persoa funcionaria designada servizo mínimo sexa compartida por distintos xulgados. Só naquel suposto en que exista un único órgano por xurisdición, como sucede co contencioso-administrativo, se considera necesaria a fixación dun auxilio xudicial no órgano.

Por outra banda, e para a maior protección do dereito fundamental de folga, esta Administración considera, con respecto ao persoal funcionario do corpo de xestión e tramitación, que os servizos esenciais que se produzan nesta única xornada de folga poden ser atendidos coa presenza dunha única persoa funcionaria, que poderá designarse, en consecuencia, tanto dun corpo como doutro.

Respecto dos órganos xudiciais que estean de garda, e polo carácter esencial do servizo prestado nas citadas circunstancias, esta Administración entende que a dotación mínima necesaria é o equipo de persoal que presta o servizo de garda.

En conclusión, por tanto, no ámbito da Administración de xustiza, como regra xeral, e en prol da protección do dereito de folga, non se fixan servizos mínimos naqueles órganos que non atenden servizos esenciais nesta xornada única de folga, e si se establecen naqueles que si os atenden, as dotacións mínimas de persoal necesario para que os poidan garantir e, neste sentido, non se designa persoal funcionario do corpo de auxilio xudicial nalgúns órganos nin comparten estas persoas funcionarias dos distintos órganos xudiciais e, con respecto ao persoal funcionario dos corpos de xestión ou tramitación, establécese a suficiencia dunha persoa funcionaria dos citados corpos por órgano, de forma alternativa. Finalmente, nesta mesma liña, naqueles órganos que prestan servizo de garda estableceuse que sexan estes equipos de garda os que atendan tamén os servizos mínimos.

Entrando xa na concreta xustificación que motiva o número de efectivos establecidos para cada tipo de órgano ou xurisdición, sinálase que:

No caso dos xulgados do penal, a xustificación fundaméntase na necesidade de garantir, entre outras, as actuacións que se describen a seguir a título exemplificativo: a celebración de xuízos orais en causas con preso, asegurando deste xeito as vistas con preso sinaladas, así como atender aquelas actuacións en que venza un prazo preestablecido na lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de dereitos aos cidadáns, dilixencias urxentes e asuntos de violencia de xénero.

O número de efectivos establecido nos xulgados do penal é o mínimo indispensable para garantir a atención do servizo esencial nun órgano xudicial, dado que se designa unha única persoa funcionaria por xulgado, que ben pode ser do corpo de xestión ou ben de tramitación, e unha persoa funcionaria de auxilio, compartido, nos dous xulgados existentes.

No xulgado de instrución con competencia en materia de violencia sobre a muller, a xustificación fundaméntase na necesidade de atender, entre outras, as cuestións que se describen a seguir a título exemplificativo: actuacións en que venza un prazo preestablecido na lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de dereitos á cidadanía, adopción de medidas cautelares ou provisionais urxentes en materia de familia ou de violencia sobre a muller, ou causas con detido na materia. O número de efectivos establecido é o mínimo indispensable para garantir a atención do servizo esencial nun órgano xudicial, dado que se designa unha única persoa funcionaria, que ben pode ser do corpo de xestión ou ben de tramitación máis un funcionario do corpo de auxilio xudicial.

Nos xulgado de instrución de garda, así como no xulgado de primeira instancia e instrución de garda, establécese que os servizos mínimos estarán atendidos polo equipo de persoal que presta o servizo de garda, dado que a xustificación estriba precisamente na necesidade de atender as actuacións que xorden durante o servizo de garda que teñen carácter esencial como, entre outras, as seguintes a modo de exemplo: actuacións con detido ou actuacións inaprazables, como a adopción de medidas cautelares urxentes.

No xulgado do contencioso-administrativo, a motivación reside na necesidade de atender, entre outras, as seguintes cuestións que se relacionan a modo de exemplo: actuacións en que venza un prazo preestablecido na lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de dereitos á cidadanía, adopción de medidas cautelares ou provisionais urxentes como medidas sanitarias urxentes de saúde pública, medidas precautorias en materia de estranxeiría, asilo político e refuxiado que impliquen expulsión, devolución ou retorno, procesos de tramitación preferente ou en materia de dereitos fundamentais.

Nos xulgados do social, a xustificación radica na necesidade de atender, entre outras, as cuestións que se relacionan a seguir sen ánimo exhaustivo: actuacións en que venza un prazo preestablecido na lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de dereitos á cidadanía, asegurando desta forma a celebración de vistas que poidan afectar os dereitos dos traballadores e das traballadoras, tales como as demandas de tutela de dereitos fundamentais e liberdades públicas, actuacións declaradas urxentes pola lexislación procesual, tales como medidas cautelares necesarias para asegurar a efectividade da tutela xudicial.

No xulgado de primeira instancia con competencia en materia de familia, a motivación descansa na necesidade de atender, entre outras, as cuestións que se relacionan a seguir a título exemplificativo: actuacións en que venza un prazo preestablecido na lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de dereitos á cidadanía, internamentos urxentes, medidas cautelares ou outras actuacións inaprazables, como as medidas de protección de menores.

Respecto da concreta dotación dos servizos mínimos dos anteditos xulgados do contencioso-administrativo, do social, así como o de primeira instancia con competencia en materia de familia; a dotación establecida é a mínima de que se parte naqueles órganos que atenden servizos esenciais: un funcionario por órgano, que ben pode ser de xestión ou ben de tramitación, para garantir o dereito de folga do persoal, e un auxilio xudicial compartido por cada dous xulgados ou fracción.

Na oficina da fiscalía, así como nas subdirección territorial do Instituto de Medicina Legal, a dotación que prestarán os servizos mínimos serán os/as funcionarios/as que presten o servizo de garda. No caso da oficina de fiscalía, esta decisión fundaméntase na necesidade de atender as actuacións que xorden durante o servizo de garda que teñen carácter esencial como, entre outras, as seguintes a título de exemplo: garantir as medidas cautelares ou provisionais urxentes en materia de familia, de menores, de violencia sobre a muller e de liberdade provisional. No caso da subdirección territorial do Instituto de Medicina Legal, fundaméntase na necesidade de garantir o servizo que lles é propio na materia, a prestación do servizo de garda, a asistencia médico-forense ao xulgado de garda, o levantamento de cadáveres, a asistencia a detidos e a vítimas de violencia de xénero ou asistir nos internamentos, entre outros.

Nos rexistros civís principais e delegados, e coa finalidade de atender as actuacións que teñan carácter esencial, como as que se describen a seguir a título exemplificativo: as inscricións de defunción, inscricións de nacemento en prazo perentorio ou os certificados de defuncións; establécese o número de efectivos mínimo indispensable, designando unha única persoa funcionaria por órgano, que ben pode ser do corpo de xestión ou ben de tramitación.

Por último, e tanto na oficinas de rexistro e repartición do decanato dos xulgados ou unidade encargada destas funcións, así como no servizo común de atención á cidadanía e á vítima, establécese que atenderá os servizos mínimos a dotación mínima indispensable para garantir a atención do servizo esencial nun órgano xudicial: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a. A xustificación na oficina de rexistro e repartición radica no feito de que se trata dun servizo que ten encomendada, entre outras funcións principais, a da recepción de demandas e escritos dirixidos a todos os órganos xudiciais do partido xudicial, o que podería afectar a tutela xudicial efectiva, especialmente se se trata do vencemento dun prazo preestablecido na lei. No caso do servizo común de atención á cidadanía e á vítima, a decisión vén motivada polo feito de que se trata dun servizo que ten encomendada, entre outras funcións principais, a da asistencia ás vítimas de delitos.

Ao respecto das oficinas de atención á cidadanía e en materia de rexistro, e seguindo os precedentes de anteriores folgas e tendo en conta normativa de actuación vixente, proponse para a folga que terá lugar o día 17 de decembro actual nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, como servizo mínimo na oficina de atención á cidadanía e en materia de rexistro de Ferrol, o posto de traballo de Xefatura de Unidade de Apoio. Este posto é imprescindible por ser o único punto en todas as comarcas para recepción e rexistro de calquera tipo de documentación dirixido á Xunta de Galicia.

En relación coa cobertura de servizos mínimos do persoal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo no centro de traballo Oficina Coordinadora de Ferrol, na xornada de folga os servizos mínimos estarán cubertos por:

– Xefa de Sección de Coordinación Administrativa.

– Xefa da Unidade de Apoio, Rexistro e Información.

– Xefe da Oficina de Turismo de Ferrol.

Estes servizos garanten a suficiencia na realización do traballo que permite a cobertura mínima do servizo tanto no Rexistro como na Oficina de Turismo, organizándose as citas presenciais de xeito que se garanta a correcta prestación do servizo.

Dado que a folga está prevista ata as 14.00, a quenda de tarde do Rexistro desenvolverase con normalidade.

• No marco da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no ámbito dos espazos naturais protexidos, tendo en conta que son espazos abertos que poden recibir visitantes, resulta esencial dispoñer do persoal proposto para realizar os labores de vixilancia e conservación do patrimonio natural, así como para poder afrontar calquera emerxencia que puidese producirse

• No marco das competencias atribuídas á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no sector do transporte, cómpre distinguir:

a) Servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada:

Neste tipo de servizos cómpre ter en consideración que a Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, previu a integración de diferentes tipos de servizos da competencia da Xunta de Galicia.

No marco desta previsión legal, a Xunta de Galicia procedeu, nunha primeira fase da planificación do sistema de transporte público, a un primeiro paso na integración da prestación do servizo de transporte de escolares no sistema de transporte público de uso xeral. Xa que logo, este último sistema dá servizo actualmente a un elevado número de escolares nos seus desprazamentos habituais para acceder aos seus centros educativos e, por tanto, ao dereito á educación.

Por tal motivo, establécese unha regulación dos servizos mínimos dos servizos públicos de transporte regular de uso xeral de viaxeiros/as por estrada que diferencia, por unha parte, os servizos correspondentes a expedicións «integradas», nas cales existe unha reserva de prazas a favor de escolares, e que, consonte coa citada Lei 2/2017, do 8 de febreiro, a súa prestación se considera prioritaria, polo que se manteñen o 100 % destes servizos.

Por outra parte, respecto do resto de expedicións, e tendo en conta que a xornada de folga xeral desenvolverase en día laborable, establécese unha regulación dos servizos mínimos dos servizos públicos de transporte regular de uso xeral de viaxeiros/as por estrada que incide especialmente na mobilidade que se produce cara aos principais centros urbanos, nos cales se localizan servizos esenciais aos cales cómpre garantir o dereito a acceder ás persoas usuarias, e cara aos cales se presentan pautas de mobilidade cotiá recorrente en transporte público, vinculada co desenvolvemento ordinario das persoas.

Neste sentido, cómpre ter en conta que a oferta ordinaria de servizos en días laborables está asociada ás necesidades de mobilidade que resultan propias deste tipo de días, normalmente cunha maior mobilidade cara a centros de traballo, formación e, centros sanitarios. Deste xeito, os criterios para o establecemento destes servizos mínimos que han de garantir a cobertura das necesidades esenciais de mobilidade da poboación resultan equivalentes aos doutras xornadas.

Así, diferenciarase a mobilidade que ten como orixe e/ou destino a cidade de Ferrol, tanto en servizos de curto percorrido, normalmente vinculados coa mobilidade máis recorrente, como en servizos de máis longo percorrido, vinculados cunha mobilidade dirixida fundamentalmente a acceder a servizos xerais radicados na dita entidade de poboación.

Evidentemente, os servizos que se establecen limítanse á franxa horaria na que se efectúa a convocatoria de folga, entre as 10.00 e as 14.00 horas, tendo en conta para tal fin os servizos que teñan previsto a súa chegada a destino despois das 10.00 horas e os que teñan a súa saída en orixe entre as 10.00 e as 14.00 horas.

Así, respecto das expedicións de medio ou longo percorrido, garantirase con elas o acceso aos principais núcleos de poboación na xornada de mañá, mais limitando a súa prestación a un servizo de ida e volta antes das 14.00 horas.

b) Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares: o campo destes servizos resulta especialmente sensible, tanto por ser o transporte un mecanismo auxiliar para o exercicio dun dereito fundamental como é o da educación como polas especiais exixencias que implica a protección aos menores.

Do mesmo xeito, a dispersión poboacional en Galicia determina que, diariamente, se teña que realizar unha significativa cantidade de desprazamentos para os que non existe alternativa real de mobilidade, polo que o mantemento dos servizos de transporte público resulta fundamental.

Coa finalidade de ponderar a garantía do esencial dereito á folga dos traballadores e traballadoras, xunto coa garantía do igualmente elemental dereito de acceso ao sistema educativo, deberán manterse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde as 10.00 ata as 10.30 horas, e os de saída desde as 13.30 ás 14.00 horas nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km, tendo en conta que a convocatoria de folga afecta os servizos con entrada nos centros escolares posterior ás 10.00 horas, ou con saída anterior ás 14.00 horas.

c) Transporte de mercadorías: neste ámbito debe terse en conta a dependencia que deste tipo de transporte teñen os servizos de asistencia sanitaria, que non poden afrontar unha falta de subministración suficiente dos produtos precisos para a atención á cidadanía, especialmente na actual situación sanitaria.

En consecuencia, manteranse a totalidade dos transportes de toda clase de mercadorías para e desde os establecementos sanitarios.

d) Transporte funerario: polas necesidades sociais inaprazables que atende esta modalidade de transporte, proponse manter a totalidade dos servizos de transporte funerario.

No ámbito da materia de infraestruturas viarias, a comunidade galega caracterízase pola dispersión da súa poboación e pola existencia de innumerables asentamentos de poboación (máis de 30.000 entidades de poboación no conxunto dos 313 municipios galegos) distribuídos nun territorio caracterizado pola súa difusión xeográfica e atendidos por unha extensa rede de infraestruturas de diversa escala.

Garantir a súa utilización polos cidadáns en condicións de normalidade exixe, por un lado, manter as estradas nunhas condicións mínimas que garantan o funcionamento das infraestruturas coas debidas condicións de seguridade para os seus usuarios, e doutro, permitir a súa utilización de acordo cos principios de igualdade, universalidade e non discriminación, posibilitando, deste xeito, a liberdade de circulación, e, xunto a esta, o acceso ao exercicio doutros dereitos fundamentais, como o acceso aos servizos de saúde ou a liberdade de elección entre o exercicio ao dereito de folga e o dereito ao traballo.

Neste marco, e ao respecto da conservación ordinaria das estradas de titularidade autonómica que se xestionen baixo o réxime de concesión, por parte das empresas adxudicatarias dos contratos de servizo para a realización da vialidade invernal e da conservación ordinaria, tamén se considera indispensable a existencia de persoal que actuará cando se prevexan circunstancias adversas de calquera tipo: emerxencias ou situacións excepcionais derivadas de accidentes, posibilidade de obstáculos na estrada ou desprendementos, presenza de animais na vía, circulación de vehículos con cargas perigosas ou fenómenos meteorolóxicos (xeo, sarabia, chuvia). Ademais, dado que está operativo o dispositivo para garantir a vialidade nas estradas autonómicas en circunstancias meteorolóxicas adversas propias do inverno, considérase en calquera caso indispensable a presenza do persoal necesario para a realización da vialidade invernal.

Por esta razón, as empresas adxudicatarias de servizo en vías explotadas pola Administración, atenderán as necesidades, establecendo as medidas preventivas e correctivas, e a transmisión de información sobre elas, adoptando para iso as medidas precisas para atender axeitadamente as incidencias acaecidas durante as horas en que teña lugar a folga convocada.

• No ámbito da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, polo que se refire ao servizo esencial da educación, este non pode ser reducido exclusivamente á actividade docente, xa que, xunto a esta actividade, se realizan outras funcións como son a vixilancia e coidado dos nenos e nenas, menores de idade, que acoden aos centros docentes públicos, así como o coidado, mantemento e vixilancia das instalacións destinadas ao servizo público educativo.

Con carácter xeral, o artigo 39 da Constitución depara unha protección especial aos menores; dun xeito máis específico, a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, dispón no seu artigo 7 que o alumnado ten dereito a que se respecte a súa identidade, integridade e dignidade persoal, e á protección integral contra toda agresión física e moral. Polo tanto, a custodia e seguridade dos menores de idade que accedan a un centro docente, o cumprimento dos principios constitucionais mencionados e dos dereitos citados é responsabilidade ineludible desta Administración educativa e parte indivisible do dereito esencial á educación.

O dereito á seguridade e o correlativo deber de protección dos menores, dada a súa entidade, debe exercerse continuamente. Como servizo mínimo para garantilo,s establécese que os centros docentes permanezan abertos no seu horario habitual, coa necesaria presenza nos ditos centros do/da director/a, ou, de ser o caso, doutro membro do equipo directivo que o/a substitúa, xa que tales membros do equipo directivo teñen a representación do centro e garanten o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes, como sinalan as alíneas a) e d) do artigo 132 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e, polo tanto, están capacitados e facultados para resolver calquera incidencia respecto da seguridade dos menores de idade. Así mesmo, consonte a normativa citada, o director tamén está facultado e capacitado para resolver calquera incidencia que se poida producir respecto do conxunto dos bens que integran un centro docente.

A presenza dun subalterno ou subalterna deriva das funcións que a este tipo de persoal compete respecto do coidado e vixilancia das instalacións e do control de entrada e saída do centro educativo, tanto para evitar a entrada de persoas alleas ao centro como para evitar a saída dos menores de idades cando non corresponda.

Dentro do deber de outorgar protección básica ao menor de idade, debemos incluír a súa alimentación. En relación con isto cómpre afirmar que, cando se asume esta responsabilidade, non pode desatenderse, o que motiva que deba garantirse nos centros educativos o mantemento do servizo de comedor.

O dereito á seguridade e o correlativo deber de protección dos menores que, como se dixo, non pode ser paralizado, inclúe a actividade básica de coidar a integridade física e hixiene daqueles que por ter diminuídas as súas capacidades necesitan unha constante vixilancia e atención (artigo 49 da Constitución) por parte de coidadores de alumnado con necesidades educativas especiais presentes nos centros docentes ordinarios.

Se o que acabamos de dicir son razóns que sosteñen a necesidade de fixar servizos mínimos ante calquera convocatoria de folga no ámbito dos centros docentes non universitarios, neste caso atopámonos, como é notorio para todos, ante unhas circunstancias extraordinarias e graves que obrigan a afastarnos dos servizos mínimos fixados en convocatorias de folga nun contexto diferente. Referímonos, como é obvio, á situación de emerxencia sanitaria na que nos encontramos como consecuencia da pandemia internacional provocada polo coronavirus SARS-CoV-2 que causa o COVID-19.

O artigo 43.1 da Constitución recoñece o dereito á protección da saúde, mentres que o punto 2 dese artigo sinala que compete aos poderes públicos organizar e tutelar a saúde pública a través de medidas preventivas. Pois ben, os servizos mínimos que se deben fixar para esta convocatoria de folga deben ser tales que permitan o cumprimento efectivo das medidas preventivas fixadas polos diferentes instrumentos regulatorios aprobados polas autoridades, pois con eles non só se protexe a saúde dos usuarios do servizo público educativo senón toda a poboación en xeral, como medidas destinadas a evitar a propagación da pandemia, evitar a propagación do coronavirus SARS-CoV-2 e con iso a infección por COVID-19. Entre eses instrumentos regulatorios, cómpre salientar a Orde comunicada do ministro de Sanidade do 27 de agosto de 2020 (publicada no DOG do 28 de agosto como anexo á Orde da Consellería de Sanidade do 28 de agosto de 2020), ditada baixo o abeiro do artigo 65 da Lei 26/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade do Sistema nacional de saúde, e a versión do 4.11.2020 do Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/21, publicado na páxina web corporativa da Consellería de Cultura, Educación, e Universidade. Destes instrumentos regulatorios é mester mencionar medidas preventivas, tales como a limitación dos contactos, mediante a distancia social ou mediante o mantemento de grupos de convivencia estable; medidas de prevención persoal, como a hixiene de mans, que o alumnado menor de idade ou con necesidades educativas especiais non realizará por iniciativa propia, senón que precisará o estímulo e vixilancia do persoal do centro; ou as medidas de limpeza, desinfección e ventilación do centro.

Pois ben, tendo presente o anterior, consideramos que neste contexto debe acudir a cada centro educativo, como servizos mínimos, ademais do titular da dirección ou de quen o substitúa, un profesor ou profesora por cada grupo de alumnos que teña prevista actividade lectiva no tempo da folga. Consideramos isto imprescindible para o cumprimento das medidas relativas á limitación de contactos ou de hixiene persoal no alumnado e para o cumprimento das medidas relativas á ventilación. Tales funcións deben reforzarse no caso do alumnado con necesidades educativas especiais, para os cales o nivel de protección debe ser absoluto, razón que nos leva a fixar como servizos mínimos o 100 % do persoal auxiliar coidador.

No mesmo contexto, ademais das medidas de hixiene individual, resultan tamén imprescindibles o mantemento da limpeza, desinfección e ventilación do centro, razón pola cal resulta necesario fixar como servizos mínimos o 100 % do persoal de limpeza. Do Protocolo antes mencionado recollemos algunhas da medidas que xustifican tales servizos mínimos:

«4. Medidas xerais de limpeza nos centros.

[...]

4.1.1. Limpeza polo menos unha vez ao día, reforzándoa naqueles espazos que o precisen en función da intensidade de uso, como no caso dos aseos, onde será de polo menos dúas veces ao día.

4.1.2. Terase especial atención nas zonas de uso común e nas superficies de contacto máis frecuentes como pomos das portas, mesas, mobles, pasamáns, teléfonos, perchas e outros elementos de similares características, así como de billas, elementos das cisternas e outros dos aseos.

4.1.3. Durante a xornada lectiva unha persoa do servizo de limpeza realizará unha limpeza de superficies de uso frecuente e, no caso dos aseos, de polo menos dúas veces na xornada. En todo caso nos aseos existirán xaboneiras ou material de desinfección para ser utilizado polos usuarios voluntariamente.

[...]

4.1.8. Deberá vixiarse a limpeza de papeleiras, (todas con bolsa interior e protexidas con tapa), de xeito que queden limpas e cos materiais recollidos, co fin de evitar calquera contacto accidental».

En relación coa ventilación, na que están implicados diferentes profesionais do centro, recóllese o seguinte no antedito protocolo:

«4.2. Deben de realizarse tarefas de ventilación frecuente nas instalacións, e por espazo de polo menos 15 minutos ao inicio da xornada, durante os recreos e ao finalizar as clases, sempre que sexa posible entre clases, e coas medidas de prevención de accidentes necesarias:

4.2.1. Cando as condicións meteorolóxicas e do edificio o permitan, manteranse as xanelas abertas o maior tempo posible.

4.2.2. Débese aumentar a subministración de aire fresco e non se debe usar a función de recirculación do aire interior.

4.3. Cando un profesional presta asistencia no mesmo espazo con diferentes alumnos/as de xeito consecutivo (orientador/a, profesor/a especialista, ou calquera outro) ventilarase a aula ou sala polos menos 15 minutos logo de cada sesión».

Sendo necesario o mantemento do servizo de comedor, no dito contexto de medidas preventivas para a propagación da pandemia, entendemos necesario fixar como servizo mínimo o 100 % do persoal de comedores. Ao fío do anterior, do Protocolo citado cómpre salientar as seguintes medidas:

«14.3. Os menús serán os utilizados habitualmente segundo a tempada. Cando sexa posible os menús serán empratados en cociña e servidos en bandexa. No caso de existir varios pratos secuenciais recoméndase o uso de máscara no período entre ambos.

[...]

14.5. O persoal de cociña ten a obriga de lavar e desinfectar todo o enxoval, e electrodomésticos e utensilios que se utilicen no proceso de elaboración dos menús».

En relación cos servizos mínimos citados ata agora respecto dos centros educativos non universitarios, cómpre dicir que desde o inicio do presente curso escolar existen tres precedentes de servizos mínimos semellantes fixados con ocasión de convocatorias de folga que afectaban o sector do ensino. Pois ben, non existe unha variación substancial da situación epidemiolóxica desde eses precedentes ata a actualidade, polo que non hai ningunha razón para afastarse do decidido daquela. O feito de que esta convocatoria se refira a 4 horas de folga, entre as 10.00 e as 14.00 horas, tampouco supón unha variación substancial, en canto estamos ante un período ordinario de actividade lectiva, incluído a preparación dos menús, no que non cabe descoidar ningunha das medidas preventivas antes citadas, medidas cuxa eficacia depende da súa persistencia, do seu cumprimento regular e continuo.

Polo que se refire ás universidades, cos servizos mínimos que se fixan garántese a asistencia do alumnado e do persoal que non exerza o seu dereito á folga. A presenza mínima do persoal de conserxaría resulta precisa para a seguridade das instalacións. O persoal previsto para os rexistros busca garantir a actuación das persoas que puidesen necesitalo e cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo nos seus dereitos.

• No ámbito da Consellería de Sanidade, en canto aos inspectores veterinarios oficiais de saúde pública de comarca, cubrirán as necesidades urxentes ou de perentoria necesidade, entre as cales se encontran alertas nivel I, intoxicacións alimentarias e actuacións especiais en establecementos de alimentación.

Os inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiro cubrirán as situacións especiais derivadas das urxencias que se poidan producir, entre as cales se atopan as de benestar animal, as de desabastecemento que se poidan producir por festividades locais, no día anterior ou posterior ao día da folga, e outras de semellante natureza.

• No ámbito da Consellería de Política Social, nas escolas infantís de Galicia estase a aplicar o Protocolo de actuación para as escolas infantís 0-3 fronte ao coronavirus, aprobado pola Consellería de Política Social e avalado polo Comité Clínico de expertos sanitarios da Xunta de Galicia. O dito protocolo, de cumprimento obrigatorio por parte de todos os centros, establece que durante a vixencia deste as aulas funcionarán como «unidades estables de convivencia», unha medida sanitaria que permite reducir ao mínimo as posibilidades de transmisión do virus no centro entre alumnos e persoal educativo.

Ademais, hai que ter en conta que estes centros inician a súa actividade entre as 7.30 e as 8.00 da mañá, e por tanto hai que garantir o servizo aos/ás nenos/as que se encontren no centro no momento en que se inicia a folga (10.00 a. m.), incluíndo a alimentación
do/da alumno/a.

Por tal motivo, e para garantir que non se rachan as unidades estables de convivencia –o que suporía vulnerar o protocolo sanitario– establécense os servizos mínimos.

• No que respecta á Consellería do Medio Rural e debido á época de baixo risco de incendio en que nos atopamos, sen prexuízo de situación de carga de incendios por actividade incendiaria e que precisen un maior despregamento do operativo, redúcense os servizos mínimos fixando unicamente como imprescindible o persoal previsto para calquera domingo ou festivo no dispositivo de prevención e extinción de incendios. Na Estación Experimental de Gandaría de Montaña de Marco da Curra (Monfero, A Coruña), prestará servizos 1 capataz agrícola, considerándose suficiente para o necesario coidado dos animais.

• Respecto da Consellería do Mar, a proposta de servizos mínimos que se consideran necesarios para garantir o funcionamento dos servizos esenciais que a consellería está obrigada a prestar baséase nos seguintes motivos:

a) Centros de ensino.

Nos centros educativos con alumnado en réxime de internado é preciso un mínimo de persoal que manteña a atención que se debe prestar aos/ás residentes.

O centro de ensino dependente desta consellería no que se propón fixar servizos mínimos, a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, ten durante os días lectivos da semana servizo de residencia e comedor, pero os sábados, domingos e festivos permanecen pechados. Existe un servizo de vixilancia exclusivamente de dúas horas os domingos e os festivos que son vésperas de días lectivos, que teñen como misión abrir o centro e permanecer nel para recibir os/as residentes mentres non empeza a quenda do/da educador/a.

Os/as educadores/as (persoal laboral) desenvolven o seu traballo a quendas, de luns a venres en horario de mañá, tarde e noite. En ausencia dun servizo de vixilancia faise necesario garantir que polo menos un/unha educador/a estea presente de maneira permanente para control e servizo do alumnado residente, polo que no período de folga deberá haber un/unha educador/a no centro.

b) Servizo de Gardacostas de Galicia.

A vixilancia pesqueira non só é necesaria para manter o control do sector, coa finalidade de ofrecer unha efectiva protección dos recursos mariños, senón que tamén colabora en tarefas e actuacións de salvamento e rescate marítimo cando as necesidades así o esixen. Así, os servizos mínimos deben cubrir de xeito efectivo a área de busca e salvamento marítimo e loita contra a contaminación do mar en Galicia, dada a imposibilidade de que tal servizo quede desatendido, pola transcendencia que esta actividade ten no salvamento de vidas e na protección e prevención de contaminacións mariñas.

O Servizo de Gardacostas de Galicia está operativo as 24 horas do día, os 365 días do ano, sen que se diferencien os servizos establecidos para festivos, sábados e domingos dos programados para o resto do días laborables. As emerxencias, de producirse no día fixado para a folga, poden ser atendidas garantindo unha tripulación composta por un/unha patrón/oa, e un/unha vixilante mariñeiro/a na base operativa de Ferrol, única afectada pola folga convocada.

c) Ente público Portos de Galicia.

Os portos, que comezaron como puntos de descarga de mercadorías e pesca, evolucionaron ata converterse nuns complexos industriais e mercantís onde se desenvolven numerosas actividades produtivas e administrativas e que así mesmo realizan unha función de desenvolvemento rexional, permitindo a localización e promoción doutras industrias, e social, en beneficio da comunidade concentrada na súa zona de influencia.

En Galicia, o funcionamento e a evolución do sistema portuario teñen unha especial importancia, xa que as actividades relacionadas co mar representan un factor fundamental na súa estrutura socioeconómica, e non en van máis do 60 por cento da poboación total das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra reside en concellos que contan con instalacións portuarias, e unha gran parte desa poboación desenvolve actividades directa ou indirectamente relacionadas co sector marítimo.

Nas comarcas de Ferrol Eume e Ortegal, sitúanse portos tales como os de Cariño, que ten unha forte actividade comercial, está suxeito ao código internacional de protección de instalacións portuarias e buques fronte a actos terroristas e de atentado a instalacións críticas, código PBIP, e tamén Ares, Mugardos e Ortigueira, con relevante actividade pesqueira e sobre todo náutico-deportiva, que implica o control do tránsito de embarcacións e pasaxeiros exteriores. Todas elas son actividades portuarias con relevante impacto na área de influencia das comarcas da zona de influencia destes portos e que exixen que o responsable, xefe/a de zona, se relacione con diversos departamentos da Xunta e doutras administracións, concellos, capitanías marítimas dependentes da Dirección Xeral de Mariña Mercante ou cos diferentes concesionarios e empresariado en relación aos servizos portuarios. Polo tanto, considérase esencial que se manteña dende a xefatura de zona do ámbito territorial afectado pola folga a capacidade de relación e decisión ante calquera incidencia que afecte os portos das comarcas do ámbito da folga.

En consecuencia, por proposta da Comisión de Secretarios, oído o comité de folga e en virtude das facultades que me confire o artigo 1 do Decreto 233/2012, do 5 de decembro, polo que se determinan a organización, funcións e competencias desta Vicepresidencia da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único

1) Terán a consideración de servizos mínimos os que se relacionan a seguir:

1.1. Presidencia da Xunta de Galicia.

1.1.1. Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., adscrita á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Centro emisor de Bailadora: 2 oficiais técnicos/as electrónicos/as (1 de mañá e 1 de tarde).

1.2. Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

1.2.1. Dirección Xeral de Xustiza.

– Nos xulgados do Penal (Ferrol):

1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 funcionario/a de auxilio compartido para os dous xulgados existentes.

– No Xulgado de Instrución con competencia en materia de violencia sobre a muller:

1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 funcionario/a de auxilio.

– No Xulgado de Instrución de garda (Ferrol):

1 xestor/a, 2 tramitadores/as e 1 funcionario/a de auxilio.

– No Xulgado de 1ª Instancia e Instrución (Ortigueira):

1 xestor/a, 1 tramitador/a, e 1 funcionario/a de auxilio.

– No Xulgado do Contencioso-Administrativo (Ferrol):

1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 funcionario/a de auxilio.

– Nos xulgados do Social (Ferrol):

1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 funcionario/a de auxilio compartido para os dous xulgados existentes.

– No Xulgado de Primeira Instancia con competencia en materia de familia (Ferrol):

1 xestor/a ou 1 tramitador/a e 1 funcionario/a de auxilio.

– No Xulgado de 1ª Instancia con competencia en materia de rexistro civil (Ferrol):

1 xestor/a ou 1 tramitador/a.

– Fiscalía da área de Ferrol:

1 xestor/a ou 1 tramitador/a.

– Na Subdirección Territorial do Instituto de Medicina Legal:

2 médicos/as forenses.

– Xulgado de Paz de Cedeira:

1 xestor/a ou 1 tramitador/a.

– Xulgado de Paz de Fene:

1 xestor/a ou 1 tramitador/a.

– Xulgado de Paz de Mugardos:

1 xestor/a ou 1 tramitador/a.

– Xulgado de Paz de Narón:

1 xestor/a ou 1 tramitador/a.

– Xulgado de Paz de Neda:

1 xestor/a ou 1 tramitador/a.

– Xulgado de Paz de Valdoviño:

1 xestor/a ou 1 tramitador/a.

– Xulgado de Paz das Pontes de García Rodríguez:

1 xestor/a ou 1 tramitador/a.

– Xulgado de Paz de Pontedeume:

1 xestor/a ou 1 tramitador/a.

– No servizo común de rexistro e repartición do decanato de Ferrol:

1 xestor/a ou 1 tramitador/a.

– No servizo común de atención ao cidadán e á vítima:

1 xestor/a ou 1 tramitador/a.

1.2.2. Xefatura Territorial da Coruña.

– Oficina coordinadora de Ferrol:

1 xefe/a de sección de Coordinación Administrativa.

– Oficina coordinadora de Ferrol Rexistro:

1 xefe/a da Unidade de Apoio, Rexistro e Información.

– Oficina de turismo de Ferrol:

1 xefe/a de Oficina de Turismo.

1.3. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

– Distrito ambiental I (Ferrol. Zona Ortegal-Ferrol):

1 axente facultativo medioambiental.

– Distrito Ambiental I (Ferrol. Zona Eume):

1 axente facultativo medioambiental.

– Parque Natural das Fragas do Eume:

1 vixilante de Recursos Naturais.

1.4. Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

1.4.1. Servizos mínimos en materia de infraestruturas viarias.

Por parte das empresas adxudicatarias dos contratos de servizo para a realización da vialidade invernal e da conservación ordinaria das estradas de titularidade autonómica, deberá manterse o persoal necesario para a realización da vialidade invernal, así como do persoal correspondente a un xoves ou a un día laborable en materia de conservación e mantemento a maiores do especificamente destinado á vialidade invernal.

1.4.2. Servizos mínimos en materia de transporte público regular de viaxeiros/as de uso xeral por estrada:

Concesión

Expedición

Nome da ruta

Sentido

Hora saída

Hora chegada

V-7068

35245

Entrexardíns-Ferrol E.A.

Ida

8.45

10.45

V-7068

35309

Coruña E.A.-Ferrol E.A.

Ida

14.00

15.48

V-7068

35323

Ferrol E.A.-Coruña E.A.

Volta

14.00

15.45

V-7068

35324

A Coruña E.A.-Ferrol E.A.

Ida

11.00

12.43

V-7068

35327

Ferrol E.A.-Coruña E.A.

Volta

9.00

10.43

V-7068

35338

Ferrol E.A.-Coruña E.A.

Ida

12.30

13.15

V-7068

35362

A Coruña E.A.-Ferrol E.A.

Volta

13.30

14.20

V-7068

35364

Ferrol E.A.-Viveiro E.A.

Ida

12.30

14.35

V-7068

35472

Ares-praza de Galicia

Ida

12.00

12.44

V-7068

35508

Ferrol E.A.-Lugo E.A.

Ida

13.15

15.31

V-7068

35511

As Pontes-Ferrol E.A.

Volta

10.05

10.56

XG517

90698

Ferrol-AP9-Santiago-AP9-Pontevedra-AP9-Areal-Vigo

Volta

7.30

10.35

XG517

90702

Ferrol-AP9-Santiago-AP9-Pontevedra-AP9-Areal-Vigo

Volta

12.20

15.20

XG517

90712

Ferrol-Fene-Pontedeume-AP9-Santiago

Volta

12.15

13.33

XG618

XG618360101

Vicedo (casa cultura)-Vilar

Volta

8.40

10.00

XG635

XG635010105

Ferrol E.A.-Hospital da Costa-Burela

Ida

12.30

15.00

XG640

XG640010103

Praza de Galicia-Cedeira E.A.

Ida

9.00

10.10

XG640

XG640020105

Praza de Galicia-praia da Frouxeira-Cedeira E.A.

Ida

9.30

10.40

XG640

XG640030104

Praza de Galicia-Vilaboa

Ida

12.45

13.27

XG640

XG640060104

CPI do Feal-Os Bicás

Ida

14.00

14.30

XG640

XG640060108

CPI do Feal-Os Bicás

Ida

14.00

14.30

XG640

XG640070107

Porta do Sol (marquesiña)-Loira Vella

Volta

13.51

14.34

XG640

XG640090105

CPI de Atios-Outeiro-Os Outeiros

Volta

13.41

14.35

XG640

XG640110104

CPI do Feal-Autos Paco EC

Ida

14.00

14.20

XG640

XG640110108

CPI do Feal-Autos Paco EC

Ida

14.00

14.20

XG640

XG640130104

CPI do Feal-Pedroso

Ida

14.00

14.30

XG640

XG640130108

CPI do Feal-Pedroso

Ida

14.00

14.30

XG640

XG640240101

Cedeira E.A.-Ferrol E.A. (por AC-566)

Ida

9.30

10.30

XG640

XG640290103

Concello de Narón-Baltar

Ida

14.00

14.30

XG640

XG640290107

Concello de Narón-Baltar

Ida

14.00

14.30

XG640

XG640300101

Plaza de Galicia-Cedeira E.A. (por concello de Narón)

Ida

12.30

13.40

XG640

XG640310101

Plaza de Galicia-praia da Frouxeira-Cedeira E.A. (por concello de Narón)

Volta

10.30

11.22

XG642

XG642040104

Mercado de San Xulián-circular

Volta

11.35

12.35

XG642

XG642070102

Cemiterio-A Pedreira

Ida

14.00

14.38

XG642

XG642070104

Cemiterio-A Pedreira

Ida

14.00

14.38

XG642

XG642230103

Canido-Hospital Novoa Santos

Ida

9.00

10.00

XG642

XG642240103

Hospital Novoa Santos-Canido

Ida

9.00

10.00

XG651

XG651010103

Cedeira E.A.-Vieiteiras

Ida

13.50

14.21

XG651

XG651020103

IES Punta Candieira-Campeira

Ida

13.50

14.34

XG651

XG651030103

IES Punta Candieira-Chimparra

Ida

13.50

14.19

XG651

XG651080103

A Barqueira-Guelle

Volta

9.36

10.00

XG651

XG651090103

A Barqueira-Chaiña

Volta

9.37

10.00

XG651

XG651110104

CEIP Nicolás del Río-Empalme

Ida

14.00

14.28

XG651

XG651130104

CEIP Nicolás del Río-Porto do Cabo

Ida

14.00

14.15

XG654

XG654080103

CPI do Feal-Galerías Layme

Ida

14.00

14.12

XG654

XG654080108

CPI do Feal-Galerías Layme

Ida

14.00

14.12

XG654

XG654090103

CPI do Feal-Couto

Ida

14.00

14.18

XG654

XG654090108

CPI do Feal-Couto

Ida

14.00

14.18

XG654

XG654100103

Estrada o Feal-praza Álvaro Paradela

Ida

14.00

14.17

XG654

XG654100108

Estrada o Feal-praza Álvaro Paradela

Ida

14.00

14.17

XG654

XG654110103

CPI do Feal-Souto Vizoso, 64

Ida

14.00

14.11

XG654

XG654110108

CPI do Feal-Souto Vizoso, 64

Ida

14.00

14.11

XG654

XG654120103

CPI do Feal-O Carballo

Ida

14.00

14.39

XG654

XG654120108

CPI do Feal-O Carballo

Ida

14.00

14.39

XG654

XG654130103

CPI do Feal-Camiño Pino

Ida

14.00

14.15

XG654

XG654130105

CPI do Feal-Camiño Pino

Ida

14.00

14.15

XG654

XG654140103

CPI do Feal-Freixeiro-rúa Río Lérez

Ida

14.00

14.10

XG709

XG709060104

CEIP Couceiro Freijomil-Cabria Nova

Ida

13.55

14.13

XG872

XG872010101

Ferrol E.A.-Moeche-San Romón-As Pontes

Volta

10.45

12.20

XG872

XG872030101

Ferrol E.A.-A Capela-As Pontes

Volta

10.30

11.30

XG872

XG872030102

Ferrol E.A.-A Capela-As Pontes

Ida

12.30

13.30

XG872

XG872140103

CPI A Xunqueira-Belelle

Ida

13.55

14.19

XG872

XG872140105

CPI A Xunqueira-Belelle

Ida

13.55

14.19

XG872

XG872150103

CPI A Xunqueira-Fonte do Campo

Ida

13.55

14.00

XG872

XG872150105

CPI A Xunqueira-Fonte do Campo

Ida

13.55

14.00

XG872

XG872340104

Concello de Neda-Xubia

Ida

14.00

14.18

XG872

XG872350104

CEIP San Isidro-Perlío-Canosa

Ida

14.00

14.06

1.4.3. Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares.

Manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde ás 10.00 ata as 10.30 horas e os de saída desde as 13.30 ás 14.00 horas nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km.

1.4.4. Transporte de mercadorías.

Manterase a totalidade dos transportes de toda clase de mercadorías para e desde os establecementos sanitarios.

1.4.5. Transporte funerario.

Manterase a totalidade dos servizos de transporte funerario.

1.5. Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

1.5.1. Centros docentes non universitarios de titularidade pública.

– A persoa titular da dirección do centro educativo ou membro do equipo da dirección que o substitúa. Nos centros de menos de 6 unidades o/a director/a poderá ser substituído/a por un membro do equipo docente. En todo caso, quedará garantida a apertura e peche de todos os centros.

– Ademais dunha persoa da dirección, 1 profesor ou profesora por cada grupo de alumnos que teñan actividade lectiva prevista os días da folga.

– 1 subalterno ou subalterna en cada centro escolar.

– O 100 % do persoal de cociña.

– O 100 % do persoal auxiliar coidador/a nos centros que dispoñan de tal categoría de persoal.

– O 100 % do persoal de limpeza en cada centro educativo.

A designación nominal do persoal que deberá cubrir os distintos servizos relacionados neste punto será realizada pola dirección do centro respectivo e publicarase no taboleiro de anuncios do centro.

1.5.2. Centros de ensino de titularidade privada.

Manteranse os servizos mínimos establecidos para os centros docentes públicos de ensino dependentes desta consellería.

1.5.3. Campus de Ferrol da Universidade da Coruña.

– 1 empregado/a da área de conserxaría en cada facultade, escola, centros de investigación e demais centros administrativos.

– 1 funcionario/a no rexistro oficial do campus.

1.6. Consellería de Sanidade.

– Servizo veterinario (comarca):

3 inspectores/as veterinarios/as de Saúde Pública.

– Servizo veterinario (Matadoiro Cantalarrana):

1 inspector/a veterinario/a de Saúde Pública.

1.7. Consellería de Política Social.

1.7.1. Comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

a) Centros de titularidade pública con xestión propia.

– Complexo de Atención a Menores de Ferrol:

3 educadores/as.

1 oficial 1ª cociña.

1 axudante de cociña.

2 camareiros/as limpiadores/as.

– Residencia de Maiores de Ferrol:

2 ATS/DUE.

6 auxiliares de enfermaría.

1 oficial 1ª cociña.

1 axudante/a de cociña.

11 camareiros/as limpadores/as.

1 ordenanza.

b) Centros de titularidade pública con xestión externa (en réxime de concesión).

– Residencia de Maiores de Laraxe (Pontedeume):

19 xerocultores/as.

7 limpiadores/as.

1 ATS/DUE.

1 recepcionista.

2 cociñeiros/as.

1 médico/a de garda.

1 técnico/a de garda.

1 operario/a de mantemento de garda.

– Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Souto de Leixa (Ferrol):

5 coidadores/as.

1 oficial 1ª cociña.

1 limpiador/a.

1 ordenanza.

2 monitores/as de tempo libre.

1 ATS/DUE.

c) Escolas infantís Catabois e Virxe de Chamorro (AGASS):

1 técnico/a especialista en xardín de infancia por cada unidade aberta de cada escola infantil.

1 oficial 1ª de cociña por cada centro.

1.7.2. Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

a) Centros de titularidade pública con xestión propia.

– Residencia de Ortigueira:

3 xerocultores/as.

1 PSX.

b) Centros de día de xestión externalizada.

– As Pontes:

2 xerocultores/as.

– Ares:

2 xerocultores/as.

– Ferrol-Caranza:

2 xerocultores/as.

– Ferrol-Esteiro:

2 xerocultores/as.

– San Sadurniño:

2 xerocultores/as.

c) Escolas infantís Galiña Azul de Ares, Cedeira, Fene, Fene-Barallobre, Ferrol-Caranza, Ferrol-Esteiro, Narón e Ortigueira:

1 traballador/a de persoal educativo (educador/a ou mestre/a) por cada unidade aberta de cada escola infantil.

1 PSX en cada centro.

d) Outros centros de traballo do Consorcio:

1 traballador/a na súa quenda habitual para garantir a apertura e peche dos centros.

1.7.3. Outros centros de traballo da consellería ou de organismos públicos vinculados ou dependentes.

En todo caso quedará garantida a apertura e peche de todos os centros de traballo mediante a designación dun/dunha traballador/a na súa quenda habitual.

1.7.4. Centros asistenciais de titularidade privada de atención a persoas maiores e/ou con discapacidades, servizos de teleasistencia e servizo de axuda a domicilio.

Os servizos mínimos designaranse coa mesma intensidade con que os servizos esenciais se ven atendidos nun día festivo.

1.8. Consellería do Medio Rural.

1.8.1. Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais.

1 xefe/a de distrito.

1 emisorista.

3 axentes forestais.

1 bombeiro/a xefe/a de brigada.

6 bombeiros/as forestais.

1 bombeiro/a forestal, oficial de defensa contra incendios.

1.8.2. Estación Experimental de Gandaría de Montaña de Marco da Curra (Monfero-A Coruña).

1 capataz agrícola.

1.9. Consellería do Mar.

1.9.1. Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

1 educador/a.

1.9.2. Servizo de Gardacostas de Galicia-Base operativa de Ferrol.

1 patrón/oa.

1 vixilante-mariñeiro/a.

1.9.3. Zona territorial Norte de Portos de Galicia.

1 xefe/a de zona.

2) En todo caso, quedará garantida a apertura e o peche de todos os centros de traballo.

Disposición derradeira. Entrada en vigor.

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2020

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo