Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 14 de decembro de 2020 Páx. 48990

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2020 pola que se fai público o cofinanciamento nun 80 % por parte da Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato de servizo para o estudo sobre o estado do emisario submarino da estación depuradora de augas residuais de Viveiro (Lugo) (expediente GA.19092).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea, reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos devanditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora.

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216.

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal; o Portal de Transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto do contrato.

Título: servizo para o estudo sobre o estado do emisario submarino da estación depuradora de augas residuais de Viveiro (Lugo).

Clave do expediente: GA.19092.

CPV (referencia de nomenclatura): 71000000-8 (servizos de arquitectura, construción, enxeñaría e inspección).

Orzamento base: importe neto: 14.934,50 euros. Importe total: 18.070,75 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Data da adxudicación: 10 de xullo de 2019.

Importe de adxudicación: importe neto: 14.750 euros. Importe total: 17.847,50 euros.

Empresa contratista: Idom Consulting Engeneering Architecture, S.A.U.

Publicidade da información da adxudicación do contrato menor no perfil do contratante: 18 de xullo de 2019.

3. Información sobre o cofinanciamento do contrato con fondos da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2 anterior cofinánciase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun oitenta por cento (80 %) do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Esta actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6: conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos; prioridade de investimento 6.2: o investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para dar resposta ás necesidades, identificadas polos Estados membros, dun investimento que vai máis alá dos devanditos requisitos; obxectivo específico 6.2.1: culminar os requisitos da Directiva marco da auga, a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga; actuación 6.2.1.2 (segundo o documento de criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO): reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas; operación: mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Viveiro. Unha maneira de facer Europa.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2020

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia