Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 14 de decembro de 2020 Páx. 48993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de novembro de 2020 polo que se notifica a resolución ditada no expediente de concesión de augas de clave DH.A36.16635.

A persoa titular da Dirección de Augas de Galicia ditou a resolución do expediente de concesión de augas de clave DH.A36.16635.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada á persoa titular do NIF/NIE 00806045X.

Infórmase de que o expediente está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 en Santiago de Compostela.

Comunicáselle que, contra a resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2020

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia