Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 11 de decembro de 2020 Páx. 48610

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica o requirimento de emenda ditado no procedemento da Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2020 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS306B).

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2020, a través da Orde do 20 de decembro de 2019 (DOG núm. 27, do 10 de febreiro), as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove.

Segundo o artigo 20 da orde de convocatoria, a data límite para presentar a xustificación é o día 15 de outubro de 2020. No mesmo artigo determínase a documentación necesaria para a xustificación do proxecto.

Unha vez revisada a dita documentación, identificáronse aquelas entidades ou grupos que non presentaron a xustificación en prazo, así como aquelas xustificacións en que se apreciou a existencia de defectos emendables.

De conformidade co artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, «transcorrido o prazo establecido de xustificación sen ter presentado esta perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente para os efectos previstos neste capítulo».

Así mesmo, o artigo 46.2 do dito Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, dispón que «cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables na xustificación presentada polo beneficiario, porao no seu coñecemento e concederalle un prazo de dez días para a súa corrección».

Apreciados a ausencia e defectos na presentación da xustificación da documentación ao abeiro do disposto no referido artigo 20 da Orde do 20 de decembro de 2019, cómpre proceder á súa emenda, de conformidade co requirimento ditado polo Instituto da Xuventude de Galicia con data do 30 de novembro de 2020.

O artigo 12 da dita Orde do 20 de decembro de 2019 establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento de emenda do 30 de novembro de 2020, coa relación das entidades e grupos a que se notifica o acto e o motivo da emenda:

a) Relación de entidades e grupos que non presentaron a xustificación no prazo establecido no artigo 20 da Orde do 20 de decembro de 2019, que figuran no anexo I.

b) Relación de entidades e grupos que deben emendar a xustificación presentada, que figuran no anexo II.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades e grupos relacionados no anexo I de que son requiridos para que no prazo improrrogable de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, presenten a documentación xustificativa relacionada no artigo 20 da Orde do 20 de decembro de 2019. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Facer indicación expresa a todas as entidades e grupos relacionados no anexo II de que son requiridos para que no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden os defectos apreciados na xustificación presentada que se relacionan no dito anexo II. A falta de emenda destes defectos no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño.

4. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación necesaria para a xustificación, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 54 49 59 e 981 95 75 72.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2020

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Requirimento de emenda ás entidades ou grupos que non presentaron a xustificación no prazo establecido no artigo 20 da Orde do 20 de decembro de 2019, así como ás entidades ou grupos que deben emendar a xustificación presentada, e que se relacionan nos anexos I e II.

ANEXO I

(Entidades e grupos informais que non presentaron a xustificación)

Entidades

Nº exp.

Solicitante

NIF

Documentación requirida

2020/019

Censea

G70529920

Documentación, artigo 20 da Orde do 20 de decembro de 2019

2020/066

ADO

G32410797

Documentación, artigo 20 da Orde do 20 de decembro de 2019

Grupos informais

Nº exp.

Solicitante

Representante

NIF

Documentación requirida

2020/080

Vedra Verde XXI

Silvia Ferro Fernández

***9463**

Documentación, artigo 20 da Orde do 20 de decembro de 2019

ANEXO II

(Entidades e grupos informais con defectos emendables
na documentación xustificativa presentada)

Entidades

Nº exp.

Solicitante

NIF

Documentación requirida

2020/003

Asociación Xuvenil Sagrado Corazón

G27118934

1. Modelo 111 da AEAT do 3º trimestre e xustificante de pagamento.

2020/005

APADER

G15051741

1. Anexo VII. Incluír nóminas.

2. Recibo de liquidación de cotizacións e relación nominal de traballadores dos meses de setembro e outubro e xustificantes de pagamento.

3. Modelo 111 da AEAT do 3º trimestre e xustificante de pagamento.

2020/007

Agrupación Folklórica Santiaguiños

G15223936

1. Anexo VII. Especificar as dúas facturas nº 13.

2. Anexo IX. Asinado en todas as súas follas. Indicar o número das facturas. Especificar as dúas facturas nº 13.

3. Xustificantes de pagamento das facturas 10 e 13, con especificación do número de conta e beneficiario.

4. Facturas 11 e 12.

5. Modelo 111 da AEAT do 3º trimestre e xustificante de pagamento.

2020/008

Asociación Cultural Vieiro

G32015760

1.Anexo VII. Asinar e corrixir os importes.

2.Anexo IX. Asinado en todas as súas follas. Indicar o número das facturas.

3. Xustificantes de pagamento das facturas 1, 2, 4, 5, 6, 7, 10, 11, 12, 14, 17, 18, 20, 23, 29, 30, 31, 32, 33 e 34.

4. Facturas 4 e 7. Documento que acredite a relación entre o provedor e o beneficiario do pagamento.

2020/015

Asociación Cultural Rebulir

G32378960

1. Anexo VII. Corrixir o importe total.

2. Facturas 7, 10, 14, 17, 25, 35, 36, 37 e 43. Documento que acredite a relación entre o provedor e o beneficiario do pagamento.

3. Xustificante de pagamento da factura 30.

4. Factura 42. Documento que acredite a recepción dos premios.

2020/021

Asociación Escola de tempo e aire libre Néboa

G15409063

1. Anexo IX. Asinado en todas as súas follas.

2. Xustificantes de pagamento das facturas 15 e 18.

3. Facturas 15 e 16. Documento que acredite a recepción dos obsequios.

4. Acreditar a titularidade nos pagamentos realizados mediante tarxeta de crédito/débito.

2020/022

Asociación Xuvenil Xuntanza Xuvenil

G36744951

1. Anexo IX asinado.

2. Facturas 3 e 4. Xustificación da non vinculación co provedor.

2020/025

Asociación Cultural O Castro

G36116879

1. Vídeo ilustrativo das actividades.

2. Reportaxe fotográfica.

3. Un exemplar de cada un dos materiais de difusión e publicacións financiadas.

4. URL das páxinas web e/ou redes sociais utilizadas para a súa difusión pública.

2020/027

Asociación Simbiose

G70592985

1. Xustificantes de pagamento das facturas 3, 4, 5, 6, 8, 9 e 13.

2020/028

Xeración

G70385091

1. Anexo IX. Detallar a necesidade de cada gasto.

2. Facturas 2, 20, 21, 22 e 24. Documento que acredite a relación entre o provedor e o beneficiario do pagamento.

3. Factura 17.

4. Xustificantes de pagamento das facturas 9, 13 e 14.

2020/029

Asociación Recreativa e Cultural Sueste

G36472306

1. Factura 1.

2. Factura 2. Póliza do seguro.

3. Factura 6. Especificar unidades.

2020/039

CIMO

G32010449

1. Anexo IX. Asinado en todas as súas follas.

2. Facturas 2, 4, 6, 8, 10, 12, 14, e 17. Especificar o IVE.

3. Modelo 111 da AEAT do 3º trimestre e xustificante de pagamento.

2020/044

Asociación Periodística, Estudios y Comunicación

G70448345

1. Anexos VII, VIII e IX. Separar os anexos.

2. Factura 2. Exemplar de cada un dos materiais de difusión e publicacións financiadas.

3. Factura 3. Xustificación da non vinculación entre o provedor e as persoas membros da entidade.

2020/047

Asociación Xuvenil Ateibo

G27013309

1. Facturas 25 e 32. Documento que acredite a relación entre o provedor e o beneficiario do pagamento.

2. Exemplar de cada un dos materiais de difusión e publicacións financiados.

3. Xustificantes de pagamento das facturas 29, 30, 33 e 36.

2020/048

Asociación Sociocultural ASCM

G15161573

1. Factura 1. Especificar concepto.

2. Facturas 1 e 2. Non recolle o tipo impositivo ou o artigo da Lei do IVE que indica a exención deste.

3.Vídeo da obra de teatro.

2020/049

Asociación Lalatinica

G70358155

1. Anexo IX. Asinado en todas as súas follas.

2. Factura 3. Documento que acredite a recepción dos obsequios.

2020/050

Xogais Asociación

G36917037

1. Anexo VI.

2. Anexo IX.

3. Facturas e xustificantes de pagamento.

4. Factura 11. Póliza do seguro.

2020/051

Asociación Tir Na N´Og

G27383785

1. Factura 6. Póliza do seguro.

2. Factura 9. Non coincide o provedor da factura co beneficiario do pagamento.

3. Factura 14. Non coincide o número de conta corrente da factura co do xustificante de pagamento.
4. Anexo IX. Detallar a necesidade de cada gasto. Corrixir a orde das facturas.

2020/053

Federación ASDE-Scouts de Galicia

G70305008

1. Facturas 5 e 6. Acta do concurso ou documento equivalente que acredite a concesión dos premios.

2. Facturas 7 e 8. Acreditar a titularidade da tarxeta de crédito/débito.

3. Factura 8. Explicar o uso do material adquirido na execución do proxecto.

2020/054

Acción social por la juventud

G70611439

1. Anexo IX. Indicar o número de cada factura.

2. Factura 1. Documento que acredite a relación entre o provedor e o beneficiario do pagamento.

3. Xustificante de pagamento da factura 30.

2020/061

Asociación Cultural Os Tres Reinos

G32345274

1. Modelo 111 da AEAT do 3º trimestre e xustificante de pagamento.

2. Recibo de liquidación de cotizacións dos meses de xullo e agosto e xustificante de pagamento.

3. Facturas 4 e 5. Especificar os conceptos.

4. Facturas 7, 8 e 9. Póliza do seguro.

5. Vídeo ilustrativo das actividades levadas a cabo.

2020/064

Asociación Érguete Baixo Miño

G36124279

1. Xustificantes de pagamento das facturas 5, 6, 7, 8, 10, 17, 23 e 24.

2. Factura 20. Especificar o concepto.

3.Vídeo ilustrativo das actividades levadas a cabo.

2020/067

Cruz Vermella Española - Cruz Vermella Xuventude

Q2866001G

1. Xustificantes de pagamento das facturas 2, 3 e 4.

2020/068

Asociación cultural e deportiva Vella escola

G36597714

1. Facturas 16 e 17. Acta do concurso ou documento equivalente que acredite a concesión dos premios. Documento que acredite a recepción dos premios.

2020/069

Centro Xuvenil Don Bosco

G15071566

1. Recibo de liquidación de cotizacións e relación nominal de traballadores do mes de setembro e xustificante de pago.

2. Modelo 111 da AEAT do 3º trimestre e xustificante de pagamento.

3. Póliza do seguro de accidentes.

2020/077

Asdegal (Acción solidaria de Galicia)

G27727593

1. Facturas 3 e 5. Documento que acredite a relación entre o provedor e o beneficiario do pagamento.

2. Factura 17. Documento que acredite a recepción dos obsequios.

3. Anexo IX. Incluír o número de cada factura.

4. Recibo de liquidación de cotizacións e relación nominal de traballadores do mes de setembro e xustificante de pagamento.

5. Modelo 111 da AEAT do 3º trimestre e xustificante de pagamento.

2020/079

Asoc. Para a Prevención e Educación Social

G32383549

1. Anexo IX. Indicar o número de cada factura.

2. Factura 5. Póliza do seguro.

3. Recibo de liquidación de cotizacións e relación nominal de traballadores dos meses de setembro e outubro e xustificantes de pagamento.

4. Modelo 111 da AEAT do 3º trimestre e xustificante de pagamento.

2020/085

Club montañeiros celtas

G36637890

1. Xustificantes de pagamento das facturas 8, 9 e 10.

2. Facturas 4 e 7. Non coincide o importe do gasto e o importe recibido.

2020/091

Asociación Recreativa e Cultural Marexada

G36980605

1. Anexo VII.

2. Facturas e xustificantes de pagamento.

2020/095

Asociación Xuvenil Comarea

G15798747

1. Anexo IX. Asinado en todas as súas follas.

2. Factura 4.

3. Xustificantes de pagamento das facturas 2, 3 e 4.

4. Póliza de seguros.

2020/096

Asoc. Cult. Colectivo Espazo 16

G94155298

1. Facturas 1, 4, 5 e 8. Facturas e xustificantes de pagamento.

2020/097

Asoc. Xuvemprende

G32469694

1. Anexo VI.

2. Xustificante de pagamento da factura 7, indicando o beneficiario.

3. Factura 8. O concepto non coincide co indicado nos anexos VII e IX.

2020/101

Asociación Solidariedade Internacional Galicia

G36833648

1. Anexo VII.

2. Modelo 111 da AEAT do 3º trimestre e xustificante de pagamento.

3. Reportaxe fotográfica.

2020/106

Asociación Feitizo

G70550710

1. Anexo IX. Asinado en todas as súas follas e coa vinculación detallada.

2020/107

Asociación Amigos da Terra

G32242422

1. Anexo IX. Asinado en todas as súas follas.

2. Xustificante de pagamento da factura 8.

3. Factura 9. O beneficiario do pagamento non coincide co provedor.

2020/108

Federación de centros xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

1. Xustificante de pagamento da factura 2.

2020/109

Asociación Xuvenil Xentenova

G36636538

1. Facturas 5, 6 e 35. Non coincide o provedor da factura co beneficiario do xustificante de pagamento.

2. Facturas 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15 e 16. Aclarar a que factura corresponde cada pagamento.

3. Facturas 36 e 38. Póliza do seguro e xustificante de pagamento.

2020/110

Asociación Down Coruña

G15731466

1. Acreditación da representación da persoa que asina os documentos.

2. Xustificantes de pagamento das facturas 3 e 4.

2020/111

Asociación grupo Scout ILEX 695

G32466187

1. Anexo IX. Indicar o número de cada factura.

2. Factura 9, segundo o establecido no artigo 22.2.

3. Vídeo ilustrativo das actividades.

2020/116

Asociación Cultural Xaquedrum

G27336353

1. Anexo IX. Asinado en todas as súas follas. Corrixir a orde segundo o anexo VII.

2. Xustificante de pagamento da factura 1.

3. Facturas 3 e 5. Facturas e xustificantes de pagamento.

4. Xustificante de pagamento da factura 10.

5. Vídeo ilustrativo das actividades.

2020/120

Asociación musical Cultura Tirante

G94081809

1. Anexo VII, co importe total.

2. Xustificantes de pagamento das facturas 1, 3, 4, 6, 7, 8, 9, 10 e 11.

2020/121

Federación galega de bandas de música populares

G15110893

1. Xustificante de pagamento da factura 6.

2. Facturas 8, 31, 32, 33 e 35. Non recollen o tipo impositivo ou o artigo da Lei do IVE que indica a exención deste.

3. Factura 13.

4. Factura 22. Especificar o concepto e documento que acredite a recepción do premio.

5. Facturas 23, 24 e 25. Póliza do seguro.

6. Relación nominal de traballadores do mes de setembro e xustificante de pago.

7. Modelos 111 da AEAT do 3º trimestre e xustificante de pago.

Grupos informais

Nº exp.

Solicitante

Representante

NIF

Documentación requirida

2020/038

PoliGal

Paula Rivas Fandiño

***1113**

1. Anexo VIII. Un por cada persoa membro do grupo.

2. Xustificante de pagamento da factura 3.

3. Exemplar do libro.

2020/040

Antas 2020

Aroa Pazos Vidal

***1309**

1. Anexo VII. Asinado e co importe total.

2. Anexo IX. Asinado en todas as súas follas e co número de cada factura.

3. Xustificante de pagamento das facturas 3 e 5.

4. Factura 7. Non recolle o tipo impositivo ou o artigo da Lei do IVE que indica a exención deste.

2020/041

20 Ulla 20

Fátima Limia Rocha

***0922**

1. Anexo VIII. Un por cada persoa membro do grupo.

2. Factura 1. Especificar os conceptos.

3. Póliza dos seguros de responsabilidade civil e accidentes.

2020/046

Imaqua

Francisco Abilleira González

***1625**

1. Anexo VIII. Un por cada persoa membro do grupo.

2020/065

Ciencia Aberta

Ignacio Delgado Ferreiro

***1639**

1. Anexo IX. Indicar o número de cada factura.

2. Acreditar a titularidade da tarxeta de crédito/débito coa que se efectúan os pagamentos.

3. Facturas 1, 8, 9, 10, 11, 12, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 30, 34, 39, 40, 41, 42, 43, 44, 45, 46, 47, 48, 50, 51 e 52. Non coincide o provedor co beneficiario do pagamento.

4. Factura 50. O xustificante de pagamento non se corresponde coa factura.

5. Factura 55. A factura non especifica o concepto.

6. Agrupar os gastos funxibles e os non funxibles.

2020/071

Cóidome

Diego García Sánchez

***7436**

1. Anexo VII. Incluír todas as facturas e o importe total.

2. Anexo IX. Incluír o número de cada factura.

3. Xustificante de pagamento das facturas 1, 4, 5, 12 e 13.

4. Factura 18.

5. Acreditar a titularidade da tarxeta de crédito/débito coa que se efectúan os pagamentos.

6. Reportaxe fotográfica.

7. Vídeo ilustrativo das actividades.

2020/087

Murphy Films

Rubén Beiró Rodríguez

***4867**

1. Factura 2. Documento que acredite a relación entre o provedor e o beneficiario do pagamento.

2. Factura 3. O xustificante de pagamento non se corresponde coa factura.

3. Factura 12. Indicar a data de aparición no xornal.

2020/088

Xóvenes do Xurés

Pablo Rodríguez Paz

***6959**

1. Anexo VI

2020/099

Agrupación CeibaRimas

Margarida Rodríguez Tilve

***9072**

1. Anexo IX. Indicar o número de cada factura.

2. Acreditación da titularidade das tarxetas de crédito/débito con que se efectúan os pagamentos.

3. Facturas 10 e 11. Non coincide o provedor co beneficiario do pagamento.

4. Facturas 21, 23 e 24.

2020/100

Rural Mutante

Araceli Macías García

***2970**

1. Anexo VII. Incluír o importe total.

2. Anexo VIII. Un por cada persoa membro do grupo.

3. Xustificante de pagamento das facturas 2, 5, 6, 8, 9, 10, 12, 13, 14, 15, 17, 19, 20 e 22. O xustificante deberá indicar o beneficiario do pagamento.

4. Acreditación da titularidade da tarxeta de crédito/débito coa que se efectúan os pagamentos.

BS306B

2019/123

La 10 Producciones

Alejandro Vargas Vizoso

***7411**

1. Anexo VII.

2. Facturas e xustificantes de pagamento.

3. Reportaxe fotográfica e vídeo ilustrativo das actividades.

BS306B

2020/127

Implícate

Andrea Piñeiro Puente

***9362**

1. Anexo VIII. Un por cada persoa membro do grupo.

2. Anexo IX. Asinado por todas as persoas membros do grupo.

3. Factura 2. O provedor non coincide co beneficiario do pagamento.

BS306B

2020/136

Crú Edicións

Manuel Chapela Poceiro

***1209**

1. Anexo VII. Indicar número de orde e importe total.

2.Anexo IX. Asinado en todas as súas follas.

3. Xustificante de pagamento da factura 6. O xustificante debe indicar o beneficiario do pagamento.