Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 10 de decembro de 2020 Páx. 48438

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 736/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 736/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Luis Vázquez Lago contra Lago Gómez, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza, coa seguinte parte dispositiva:

Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Juan Luis Vázquez Lago contra a entidade Lago Gómez, S.L., en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Lago Gómez, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 3.494,88 euros brutos en concepto de cantidades debidas por diferenzas salariais durante a súa relación laboral, salarios dos meses de abril e maio de 2019, e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas durante a súa relación laboral, incrementadas ambas as cantidades no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 euros.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Lago Gómez, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza