Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 10 de decembro de 2020 Páx. 48428

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2020 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convoca a persoa aspirante á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área de bioloxía-saúde (ciencias morfolóxicas).

Mediante Resolución do 1 de outubro de 2019 (DOG do 14 de outubro e BOE do 29 de novembro) convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área de bioloxía-saúde (ciencias morfolóxicas), pola quenda de acceso libre.

Mediante Resolución do 14 de xaneiro de 2020 (DOG do 28 de xaneiro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.5 da convocatoria,

resolvo:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. Convocar a persoa aspirante admitida que non está exenta deste exercicio, para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 12 de xaneiro de 2021, ás 10.00 horas, na Sala de Xuntas do Departamento de Ciencias Morfolóxicas da Facultade de Medicina (rúa de San Francisco, s/n, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da USC e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela