Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 10 de decembro de 2020 Páx. 48496

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de emprazamento das persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo por procedemento ordinario 138/2020.

De conformidade co establecido nos artigos 49.1 e 47.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, por medio deste escrito emprázanse todas as persoas interesadas ou que teñan interese lexitimo para que poidan comparecer como demandadas interesadas no prazo quince días no Recurso contencioso-administrativo 138/2020, procedemento ordinario sobre materia de subvenciones que se segue no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense contra a resolución ditada pola Deputación Provincial de Ourense do 8 de maio de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión de subvencións a traballadores autónomos dos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia de Ourense afectados pola crise da COVID-19.

Ourense, 21 de outubro de 2020

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense