Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 10 de decembro de 2020 Páx. 48497

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de emprazamento das persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo por procedemento ordinario 194/2020B.

De conformidade co establecido nos artigos 49.1 e 47.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, por medio deste escrito emprázanse todas as persoas interesadas ou que teñan interese lexítimo para que poidan comparecer como demandadas interesadas no prazo quince días no Recurso contencioso-administrativo número 194/2020B, procedemento ordinario sobre materia de persoal que se segue no Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense contra a resolución ditada pola Deputación Provincial de Ourense pola que se acordou a aprobación das bases reguladoras dos procesos selectivos para provisión das prazas incluídas na oferta ordinaria de emprego público da Deputación Provincial de Ourense, correspondentes ao ano 2017 e, concretamente, á praza de coordinador deportivo.

Ourense, 22 de outubro de 2020

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense