Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 10 de decembro de 2020 Páx. 48479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de novembro de 2020 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 145/2020 no expediente de reposición da legalidade COR/28/2016-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña, en relación co procedemento ordinario 145/2020, interposto por Sandra dos Anjos do Nascimento contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da legalidade Urbanística no recurso de reposición o 15 de xuño de 2020, interposto contra outra do 4 de xuño de 2018 (expediente COR/28/2016-RP1), en que declara que a parcelación urbanística e as obras de edificación executadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, sitas nas parcelas con referencia catastral 15031A057001800000OA e 15031A057001810000OB, no lugar de Monte da Raposa-Rumbo, parroquia de Celas, concello de Culleredo, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a demolición das obras sitas nas subparcelas resultantes da parcelación, así como a reposición ao seu estado orixinario dos terreos que padeceron a parcelación urbanística, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas -LPACAP, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Joaquín dos Anjos do Nascimento e Elisa dos Anjos do Nascimento para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2020

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística