Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 10 de decembro de 2020 Páx. 48443

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 701/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase procedemento ordinario seguido baixo o número 701/2018, en que figura como interveniente Spartana Control Service, S.L. e no cal se sinalou conciliación e xuízo para o día 1.2.2021 ás 9.40 e 9.45 horas, respectivamente.

Encontrándose a devandita parte en paradoiro descoñecido, expídese este edicto, cumprindo o disposto na Instrución 6/12 da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza