Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase despedimento/cesamentos en xeral seguido baixo o número 274/2020, en que figura como interveniente Dolores Quintela Villar e no cal se sinalou conciliación e/ou xuízo para o día 22.3.2021 ás 12.40 e 12.45 horas, respectivamente.
Encontrándose a devandita parte en paradoiro descoñecido, expídese este edicto, cumprindo o disposto na Instrución 6/12 da Secretaría Xeral da Administración de xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma.
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza