Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 9 de decembro de 2020 Páx. 48372

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 12 de novembro de 2020, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de inicio do procedemento de declaración de incumprimento do deber de edificar no primeiro programa de edificación forzosa.

A vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo (XMU), mediante resolucións con data do 27 de outubro de 2020, iniciou o procedemento de declaración de incumprimento do deber de edificar/rehabilitar das persoas propietarias dos seguintes inmobles incluídos no primeiro programa de edificación forzosa:

– Rúa Alta, 8.

– Rúa Alta, 10.

– Rúa Alta, 12.

– Rúa Alta, 14.

– Rúa Ferrería, 1.

– Rúa Ferrería, 43.

– Rúa Ferrería, 49.

– Rúa Abeleira Menéndez, 14.

Mediante o presente anuncio ábrese un prazo de exposición pública de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinar o expediente e presentar cantas alegacións considere oportunas, consonte o establecido polo artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para estes efectos, as citadas resolucións poden ser consultadas na Oficina de Vivenda e Solo da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, mediante solicitude expresa no Rexistro Xeral da XMU e logo de cita coa Oficina de Vivenda e Solo, das 9.00 ás 13.30 horas, no número de teléfono 986 81 03 50.

Vigo, 12 de novembro 2020

O alcalde
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo
de Vigo