Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 9 de decembro de 2020 Páx. 48368

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boqueixón

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas (expediente 2019/X999/000035).

Unha vez feito o requirimento de corta de árbores e xestión de biomasa, do predio catastral número 15012A010003200000ED (polígono 10-parcela 320), a nome de Consuelo Albor Vaamonde (titular catastral), con data do 1.7.2019, preséntase neste concello unha emenda de discrepancias, por parte da persoa notificada, en que se declara que existe un erro catastral, e que a parcela nº 320, do polígono 10, non é da súa propiedade, senón que é propiedade de Manuel Rodríguez Mejuto.

Unha vez feito o requirimento de corta de árbores e xestión de biomasa, do predio catastral número 15012A010003200000ED (polígono 10-parcela 320), a nome Manuel Rodríguez Castro (herdeiro de Manuel Rodríguez Mejuto), con data do 16.8.2019, foi recibida polo interesado con data do 26.8.2019, e non se obtivo resposta del.

Unha vez feita unha nova notificación de requirimento de corta de árbores e xestión de biomasa, do predio catastral nº 15012A010003200000ED (polígono 10-parcela 320), a nome Manuel Rodríguez Castro (herdeiro de Manuel Rodríguez Mejuto), con data do 13.8.2020, foi recibida polo interesado con data do 27.8.2020, e non se obtivo resposta del, en canto á titularidade ou non da parcela, nin se executaron a corta de árbores nin a xestión da biomasa.

Ao non ser posible determinar a titularidade exacta da parcela con árbores e biomasa que se deben xestionar, por causas non imputables a esta Administración, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a notificación de xestión da corta das árbores e da xestión da biomasa, na parcela identificada coa referencia catastral nº 15012A010003200000ED (polígono 10-parcela 320), sita no lugar de Santa Baia, parroquia de Vigo (Concello de Boqueixón), coa finalidade de que no prazo de 15 días, que comezarán desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á corta das árbores e á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 21 e 22, da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia.

Transcorrido o prazo dos 15 días outorgado sen que realicen a corta das árbores e a xestión da biomasa polas persoas responsables, o concello procederá, sen máis trámites, á execución subsidiaria. Así mesmo, procederase a practicar a liquidación definitiva dos custos da execución subsidiaria, e remitirase o expediente á Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, para o inicio do correspondente expediente sancionador.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU), do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Boqueixón, sitas no lugar do Forte, s/n, Boqueixón, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Boqueixón, 17 de novembro de 2020

Manuel Fernández Munín
Alcalde presidente