Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 9 de decembro de 2020 Páx. 48303

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 785/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 785/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Orlando Fernández Lago contra a empresa Fondo de Garantía Salarial e Eslim And Beiroa, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se adxunta:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Orlando Fernández Lago contra Eslim And Beiroa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, debo condenar e condeno a mercantil demandada a abonarlle ao demandante a suma de 2.429,98 euros líquidos polos conceptos sinalados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do 576 da Lei de axuizamento civil a partir da presente resolución.

No que incumbe á responsabilidade do Fogasa, non hai lugar á súa condena nesta instancia e deberá aterse ao que resulte do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma ao representante legal Sergio Amador Castrelo García en representación de Eslim And Beiroa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se faran fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza