Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 9 de decembro de 2020 Páx. 48299

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (575/2019).

Matías Recio Juárez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de GAG Internacional, S.L. fronte a Carmen Elena Pérez Lorenzo ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza

Lalín, 29 setembro 2020

Xuíz: Gonzalo Sans Besada

Demandante: GAG Internacional, S.L.

– Procurador: Manuel Ceán Garrido

– Letrada: Lucía Martínez Cerezo

Demandada: Carmen Elena Pérez Lorenzo, en situación de rebeldía procesual

Obxecto: reclamación de cantidade derivada de responsabilidade contractual

Decido:

Estimo a demanda presentada por GAG Internacional, S.L. fronte a Carmen Elena Pérez de Lorenzo e, en consecuencia, condeno a parte demandada a aboar á demandante a suma de 4.035,13 euros, máis os xuros legais desde a data de presentación da demanda, así como ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial que se deberá interpoñer ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da notificación daquela. Para a interposición do dito recurso terá que acreditarse a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acordo e asino, Gonzalo Sans Besada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín.

E atopándose a dita demandada, Carmen Elena Pérez de Lorenzo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lalín, 15 de outubro de 2020

Letrado da Administración de xustiza