Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 9 de decembro de 2020 Páx. 48296

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra

EDICTO (843/2019).

ORD procedemento ordinario 843/2019.

Procedemento orixe: /.

Sobre reclamación de cantidade.

Demandante: Viveiros Compostela Sociedade Agraria de Transformación.

Procuradora: María del Carmen Torres Álvarez.

Avogado: Víctor Manuel Rodríguez Guardado.

Demandada: Grupo Zero Seguridad y Control, S.L.

Cédula de notificación:

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza núm. 151/20.

Pontevedra, 26 de outubro de 2020.

Vistos por min, Mª del Carmen Novoa Santás, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 da cidade de Pontevedra, os autos de xuízo ordinario seguidos co número 843/2019, en virtude de demanda interposta pola procuradora Sra. Torres Álvarez en nome e representación de Viveiros Compostela Sociedade Agraria de Transformación, asistida polo letrado Sr. Rodríguez Guardado, fronte á mercantil Grupo Zero Seguridad y Control, S.L., en situación de rebeldía procesual, sobre acción de reclamación de cantidade.

Decido:

Que, estimando integramente a demanda de xuízo ordinario interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Torres Álvarez, en nome e representación de Viveiros Compostela Sociedade Agraria de Transformación, debo condenar e condeno a demandada, Grupo Zero Seguridad y Control, S.L., a aboarlle á demandante a cantidade de 128.387,56 euros, xuros legais desde o acto de conciliación e custas do preito.

Así, por esta sentenza, que non é firme e contra a que se poderá interpoñer recurso de apelación ante este mesmo xulgado no prazo de vinte días, logo de constitución de depósito na forma e contía determinadas pola Lei 1/2009, do 3 de novembro, mándao e asínao Mª del Carmen Novoa Santás, maxistrada xuíza de Primeira Instancia deste xulgado. Dou  fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Grupo Zero Seguridad y Control, S.L., esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 12 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza