Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 9 de decembro de 2020 Páx. 48340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de novembro de 2020 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente COR/39/2016-A1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 4 de setembro de 2020, resolución pola que se impón unha multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/39/2016-RP1 como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 14.9.2017 en que se ordena a demolición dunha vivenda e a retirada dun camión-vivenda, realizada sen autorización autonómica, no lugar de Monte da Raposa-Rumbo, parroquia de Cela, no termo municipal de Culleredo, provincia da Coruña, por resultar incompatibles co ordenamiento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a José Manuel Machado dos Anjos, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, cuxa data de publicación será a que determine a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2020

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística