Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 9 de decembro de 2020 Páx. 48342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 16 de novembro de 2020, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se citan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en el expediente de reclamación de danos e perdas ao dominio público viario autonómico 5/2020-CO e tres máis.

Este anuncio publicouse despois de intentarse, sen éxito, a notificación en papel a través do servizo de Correos, ou electronicamente cando este último é o medio obrigatorio ou o elixido pola persoa interesada, de acordo co disposto nos artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), en relación co artigo 14 da mesma lei.

De conformidade co disposto no artigo 44 da LPACAP, notifícaselles o acto administrativo que se indica no expediente de reclamación de danos e perdas ao dominio público viario autonómico (clave IFOO008B) (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, DOG nº 132, do 12 de xullo) é notificado ás persoas relacionadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as ditas persoas interesadas, se desexan coñecer o contido íntegro do acto e examinar o resto da documentación que se atopa no expediente, deberán comparecer:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o devandito prazo, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo Provincial da AXI na Coruña.

A Coruña, 16 de novembro de 2020

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Persoa interesada/DNI/NIF/NIE

Acto notificado

Estrada

5/2020-CO

32782645D

Resolución

AC-221, San Pedro de Nós-Mabegondo

9/2020-CO

76273261V

Resolución

AC-413, Ordes-Carballo

12/2020-CO

32381709D

Resolución

AC-400, Sigrás-Muros

46/2020-CO

B36010015

Resolución

AC-546, Negreira-A Pereira