Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 9 de decembro de 2020 Páx. 48261

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 209/2020, do 26 de novembro, polo que se aproba o cambio de titularidade dun treito da AC-213 O Burgo (AC-211)-Os Campós, desde o punto quilométrico 0+000 ao punto quilométrico 1+840, a prol do Concello de Culleredo.

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

A estrada AC-213 ten unha lonxitude total de 3,79 km e discorre polo municipio de Culleredo entre o punto quilométrico 0+000 e o 2+210. Na súa maioría atravesa solos clasificados como urbanos polo instrumento de planeamento urbanístico vixente. Trátase dunha vía con tráfico maioritariamente local, sen funcionalidade dentro da Rede Autonómica de Estradas de Galicia (Raega), polo que a transferencia ao Concello de Culleredo garantirá unha xestión coherente e eficiente da rede.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito que se define no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e seis de novembro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Artigo 1

– Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Culleredo de:

Clave

Denominación

p.q.

Coordenadas UTM (ETRS89)

p.q.

Coordenadas UTM (ETRS89)

AC-213

O Burgo (AC-211)-Os Campós (Deput.)

0+000

X=551.384 Y=4.796.112

1+840

X=551.932 Y=4.794.446)

– Modificar o Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia, corrixindo da relación de estradas de titularidade autonómica a denominación da AC-213, que quedaría como segue:

Estrada

Rede

Denominación

Clave anterior

AC-213

S

Polígono industrial de Alvedro-Os Campós (Deput.)

AC-213

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Culleredo deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo ao día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Corresponden ao Concello de Culleredo, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e seis de novembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade