Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 9 de decembro de 2020 Páx. 48306

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (ETX 133/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que neste xulgado se segue xuízo da clase execución de título xudicial seguido baixo o número 133/2020, no cal figuran como intervenientes as entidades Fermín Group Ibérica, S.L. e Colaper Personal, S.L., e no cal se sinalou comparecencia telemática para o día 12.1.2021 ás 13.30 horas.

Encontrándose as devanditas partes en paradoiro descoñecido, expídese este edicto cumprindo o disposto na Instrución 6/12 da Secretaría Xeral da Administración de xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma deste.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza