Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 7 de decembro de 2020 Páx. 48204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 24 de novembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica o acordo de inicio de expediente de responsabilidade patrimonial do 5 de xuño de 2020 e apertura de trámite de audiencia, ante a imposibilidade de notificación no domicilio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste acordo de inicio de expediente de responsabilidade patrimonial do 5 de xuño de 2020 e apertura de trámite de audiencia, polo que procede á súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública, sitas no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Expediente: responsabilidade patrimonial.

DNI: 77403682B.

Acto de notificación: acordo.