Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 4 de decembro de 2020 Páx. 48058

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 60/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 60/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores María Plaza Cancela contra Protección y Seguridad Técnica, S.A., Castellana de Seguridad, S.A., Baker Tilly Concursal, S.L.P., Ombuds Cía. de Seguridad, S.A. e o Fogasa, sobre reclamación de dereito e cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Que, estimando integramente a demanda interposta por Dolores María Plaza Cancela contra Protección y Seguridad Técnica, S.A., contra Castellana de Seguridad, S.A., contra Ombuds Compañía Integral de Seguridad, S.A. e contra Baker Tilly Concursal, S.L.P. (administradora concursal de Ombuds Compañía Integral de Seguridad, S.A.), efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro o dereito da traballadora demandante a percibir o complemento de perigosidade e complemento de xefe de equipo nas contías que viña percibindo con anterioridade á subrogación, e debo condenar e condeno as demandadas a estar e pasar pola devandita declaración.

2. Debo condenar e condeno as mercantís demandadas a que, de forma conxunta e solidaria, lle aboen á demandante as diferenzas salariais derivadas dos complemento de perigosidade e xefe de equipo, así como dos complementos de transporte e de vestiario, en contía de 770,97 euros polo período de xullo de 2016 a novembro de 2016, ambos os dous inclusive, así como as cantidades que por tales conceptos continúe devindicando a partir deste momento ata a total regularización das súas nóminas; máis o xuro do artigo 29.3 do ET –sobre os conceptos salariais– desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e o do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e o xuro do artigo 1108 do CC –sobre os conceptos indemnizatorios– desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e o do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

3. Debo condenar e condeno a Castellana de Seguridad, S.A. ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

4. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia, debendo observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Castellana de Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza