Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 4 de decembro de 2020 Páx. 48011

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ORDE do 24 de novembro de 2020 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación, anunciada pola Orde do 16 de setembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 196, do 28 de setembro).

Mediante a Orde do 16 de setembro de 2020 (DOG núm. 196, do 28 de setembro), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación, que se detalla no anexo I desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.2 e 92 da Lei de emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por esta Axencia na Orde do 16 de setembro de 2020 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo I de esta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino da persoa funcionaria que obtivo a praza producirase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto do 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión no novo destino e de tres (3) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao do cese, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días hábiles.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, se for o caso, lle fosen concedidas á persoa interesada. No caso de incapacidade temporal o prazo iniciarase a partir da data de alta.

Terceiro. A xefatura territorial do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como o daquel en que obteña destino, efectuarán dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública. A continuación, realizaranse os trámites para a súa alta en nómina.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2020

Francisco José Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación

ANEXO I

Datos do/da funcionario/a:

Apelidos e nome: Mourullo Míguez, Alberto.

DNI: ***0514**.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo/ subgrupo: C1-C2.

Denominación do posto: secretario/a do director/a xeral.

Código do posto: EI.A11.00.000.15770.001.

Nivel: 18.

Complemento específico: 6.996,92.

Tipo adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego-requisito imprescindible).

Consellería: Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Centro directivo: Axencia Galega de Innovación.

Localidade: Santiago de Compostela.

* O DNI mostrase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.