Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47832

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 719-20-MJC).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 719/2020 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Industrias de Rocas Ornamentales, S.A. (Irosa), Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da seguridade social número 151, Mutua Universal Mugenat, Pizarras DAL, S.A., Juan Carlos Prieto Martínez, Manuel Fernández Ares, sobre outros dereitos Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimamos o recurso de suplicación interposto pola letrada da Administración da Seguridade Social, en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Ourense, do 9 de outubro de 2019, ditada no proceso número 42/19, ao que se acumularon os autos 257/19, sobre incapacidade, e confirmamos o pronunciamento de instancia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria dende unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Pizarras DAL, S.A. e a Manuel Fernández Ares, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza