Industrias de Rocas Ornamentales, S.A. (IROSA) presentou a solicitude de declaración de utilidade pública e interese social para o establecemento de beneficio e conxunto de instalacións que son propiedade de IROSA e Pizarras Samaca sitas, en parte, dentro do monte comunal de Portela e Trigal no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), ao abeiro do establecido no artigo 113 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas (BOE núm. 176, do 24 de xullo) e artigo 139 do seu Regulamento xeral para o réxime da minaría, Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto (BOE núm. 295, do 11 de decembro).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Curros Enríquez, 1-3º, 32003 Ourense) no prazo de vinte (20) días.
Ourense, 19 de novembro de 2020
O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 135/2017, artigos 62.3 e 63.1)
Sofía Rodríguez Rodríguez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica
Disposición transitoria segunda do Decreto 130/2020, do 17 de setembro.